A área de Cultura convoca a XXIII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

Maite Ferreiro

Poderán presentarse obras de entre 50 e 100 páxinas até o 31 de decembro

A obra gañadora será publicada por Xerais

A área de Cultura convoca a XXIII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

Lugo, 01 de decembro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no día de hoxe a convocatoria do XXI Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”. Nesta edición, o premio volverá ser de 4.000€, ademais de que a obra gañadora será publicada por Edicións Xerais de Galiza. “Trátase dunha cita importante tanto para as nosas escritoras como para a lingua galega, na que cada ano descubrimos novas obras de gran calidade”, indicou Maite Ferreiro.

Poderán presentarse todas as persoas que o desexen, sempre que a obra esté escrita en galego. As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 100, é dicir, entre 90.000 e 180.000 caracteres con espazos. Cada autora poderá presentar todos os relatos que desexe, en envíos separados.

As persoas interesadas en participar deberán enviar as súas obras por correo electrónico á área de Cultura, no enderezo [email protected], antes do 31 de decembro de 2020. Durante o primeiro trimestre do 2021 coñecerase a obra gañadora. As bases poderán consultarse na páxina web municipal e poderán realizarse consultas no teléfono do Concello, 982 297 350

A área de Cultura convoca a XXIII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”