RUBÉN ARROXO E CRISTINA LÓPEZ PRESENTARON A NOVA EDICIÓN DESTA INICIATIVA, Á QUE ACUDIRON MÁIS DE 800 NENAS E NENOS NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO

A área de Participación retoma os obradoiros infantís no Mercado Municipal

IMG_0009 (2)

 

Cada sábado, entre as 11 e as 14 horas, o Mercado Municipal acollerá un obradoiro para nenas e nenos de 4 a 12 anos, facilitando a conciliación das familias e promocionando o propio Mercado

 

A área de Participación retoma os obradoiros infantís no Mercado Municipal

Lugo, 31 de agosto de 2023. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e Cristina López, concelleira de Participación, presentaron a nova edición dos obradoiros infantís que terán lugar as mañás dos sábados nas instalacións do Mercado Municipal. Cristina López explicou que "durante o primeiro semestre do ano esta foi unha das actividades con máis aceptación por parte da veciñanza, acollendo en total a 839 nenas e nenos".

O Goberno de Lugo retoma a celebración destes obradoiros "co obxectivo de promocionar unhas instalacións históricas e referentes do comercio de proximidade como son a Praza de Abastos e o Mercado Municipal, ao mesmo tempo que facilitamos a conciliación familiar".

As actividades están destinadas a nenas e nenos entre 4 e 12 anos, e tratarán temas como a reciclaxe, a creatividade ou a cociña, tratando temas como o coidado do medio ambiente ou a creatividade.

"Continuamos a traballar para dinamizar a Praza e o Mercado con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos pasen unha mañá realizando actividades lúdicas e formativas", afirmou Cristina López, que engadiu "convidamos á veciñanza de Lugo a realizar as súas compras na Praza e no Mercado, desfrutando da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación e da calidade dos productos dos distintos postos, referentes do comercio de proximidade".

A área de Participación retoma os obradoiros infantís no Mercado Municipal