PARA O BNG “É PRECISO QUE O CONCELLO FAGA OS TRÁMITES PRECISOS PARA QUE A NECESARIA LIMPEZA E MANTEMENTO SE FAGA DE XEITO PERIÓDICO”

Arroxo lémbralles a PP e PSOE que “a Ponte Branca segue sen limpar”

“Igual que sucede coas rotondas de Afonso e X e San Eufrasio, as liortas entre institucións gobernadas por PP e PSOE deixan Lugo esquencido” dixo o voceiro do BNG

Arroxo lémbralles a PP e PSOE que “a Ponte Branca segue sen limpar”

Lugo, 25 de abril de 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, instou ao goberno municipal liderar as necesarias negociacións co goberno do Estado para establecer a necesaria rutina de  mantemento e limpeza na ponte Branca. “Igual que sucede coas rotondas de Afonso e X e San Eufrasio, as liortas entre institucións gobernadas por PP e PSOE deixan Lugo esquencido” dixo o voceiro do BNG. Dende a súa inauguración en xuño de 2011 segue sen estar definido de quen é a competencia para a limpeza e o mantemento desta ponte se do Estado ou do Concello.

Arroxo lembrou que diversos cargos do PSOE e PP falaron nos medios sobre este asunto e incluso se trasladaron iniciativas ao congreso dos deputados “pero a realidade é que a Ponte ten cada vez un aspecto peor”. Rubén Arroxo explicou que “o PP, no goberno do Estado, ampárase nun protocolo de colaboración asinado no ano 2004 para decir que a competencia é do concello; o  PSOE di que o concello nunca recibiu a obra e ninguén limpa a ponte”.

Para o BNG “é preciso que o concello faga os trámites precisos para que a necesaria limpeza e mantemento se faga de xeito periódico”. Pasan os anos e o deterioro e suciedade son evidentes, ademais hai que facer inspeccións “a fondo” de xeito regular para garantir a boa conservación de elementos estruturais básicos. Arroxo sinalou que “esta alcaldesa chegou a falar do asunto cunha ministra de fomento, tamén galega, pero non se deu solución nin definitiva nin efectiva”. Arroxo apuntou a necesidade de facer as correspondentes tarefas de conservación ordinaria da ponte, dos accesos, reparación de elementos danados, desbroce das glorietas e limpeza do entorno das infraestructuras na zona de dominio público.