A FENDA NESTE MURO, CON MÁIS DE 60 ANOS DE ANTIGUIDADE, PODERÍA SER DEBIDA Á ACUMULACIÓN DE AUGAS NO SUBSOLO DEBIDAS Á CONSTRUCIÓN DO MIHL

O BNG-AA advirte dunha importante fenda nun muro de contención no parque de Frigsa

“Pedimos que se actúe antes de que se agrave a situación e se poidan producir desplomes” dixo Rubén Arroxo

O BNG-AA advirte dunha importante fenda nun muro de contención no parque de Frigsa

Lugo, 16 de decembro de 2017. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, advertiu da presenza dunha fenda de considerables dimensións nun dos muros de contención situados no parque da Milagrosa. “En realidade existentes dúas fendas, aínda que unha ten uns dimensión que comezan a ser preocupantes e están situadas nas inmediacións da zona afecta pola construción do MIHL” explicou Arroxo e engadiu “pedimos que se actúe antes de que se agrave a situación e se poidan producir desplomes”.

A segunda fenda, de menor tamaño, está situada en fronte á entrada do graderio do campo de fútbol do parque da Milagrosa. Hai que lembrar que por esta zona transitan diariamente centos de lucenses que acoden ás instalacións deportivas e aos mercados que se celebran os martes e mércores. Na parte alta do muro de contención está situado a zona de almezanamento de materiais de gran tamaño dos servizos eléctromecánicos do concello. O BNG que se faga o correspondente estudo técnico e se consolide o muro debidamente. É sabido que onde se fixeron as excavacións para a construción do MIHL existen caudalosos mananciais de auga e construción de formigón podería ter derivado os cauces soterrados naturais da auga que agora poderían estar afectando aos muros que delimitan os cambios de nivel do parque da Milagrosa.

Arroxo sinalou que este tipo de fendas, habitualmente, son derivadas da existencia de bolsas de auga no subsolo “é estraño que nun muro que data dos anos 50 do século pasado aparezan danos despois de tanto tempo, a non ser que se produzan variacións no seu asentamento”. A fenda neste muro, con máis de 60 anos de antigüidade, "todo apunta a que se debe a acumulación de augas e a algún fallo no sistema de drenaxe, pode que a construcion do MiHL que esta a escaso metros e que a sua importante escavacion modificou cauces fluviais soterrados, teña influído, dado que se mantivo intacto durante decadas".