O BNG PEDIRÁ, ADEMAIS, O ARRANXO DA MARQUESIÑA DE AUTOBÚS DA AV. PAULA FABIO MÁXIMO QUE SE ATOPA SEN BANCO E COS CRISTAIS ROTOS

O BNG-AA propón o acondicionamento do camiño que une as vivendas de Garabolos co Colexio de Albeiros

“Trátase dun camiño tradicional que a diario utilizan decenas de escolares para acudir aos centros de ensino da zona e o seu acondicionamento é sinxelo” dixo Rubén Arroxo

O BNG-AA propón o acondicionamento do camiño que une as vivendas de Garabolos co Colexio de Albeiros

Lugo, 26 de xaneiro 2018. Ediles do BNG visitaron, acompañados de veciños da zona, o camiño que une as vivendas da Av. Paulo Fabio Máximo co barrio de Albeiros. “Trátase dun camiño tradicional que a diario utilizan decenas de escolares para acudir aos centros de ensino da zona e o seu acondicionamento é sinxelo” dixo Rubén Arroxo. O BNG-AA propón unha actuación sinxela “pero efectiva” que permita a nenas e nenos transitar nas debidas condicións para acudir aos centros escolares. “Unha simple limpeza do camiño, a eliminación de elementos perigosos e lixo, acompañada dunha mellora no firme sería suficiente para mellorar a calidade de vida das persoas que por alí transitan diariemente” dixo Arroxo.

O voceiro do BNG-AA sinalou que neste camiño hai colchóns e trozos de malla de obra ademais da maleza que o invade “trátase dun camiño público e o concello ten capacidade de actuar cos seus medios propios para dar solución a esta demanda veciñal” asegurou Arroxo. O BNG pedirá, ademais, o arranxo da marquesiña de autobús da Av. Paula Fabio Máximo que se atopa sen banco e cos cristais rotos.