MARÍA FERNÁNDEZ RECRIMINA O VETO E ADVIRTE QUE A VECIÑANZA DA FONSAGRADA E DE NEGUEIRA DE MUÑIZ NON ESTÁ PEDINDO MÁIS MÉDICOS, SENÓN OS QUE TIÑA

O BNG volve concentrarse na Fonsagrada logo do veto do PP para cubrir as prazas de persoal facultativo no centro de Saúde da Fonsagrada

María Fernández recrimina o veto e advirte que a veciñanza da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz non está pedindo máis médicos, senón os que tiña

"Temos que ter en conta que nun mes xubilase outro dos médicos co cal quedamos con 2 médicos para cubrir A Fonsagrada e Negueira de Muñiz", explica Fernández

O BNG volve concentrarse na Fonsagrada logo do veto do PP para cubrir as prazas de persoal facultativo no centro de Saúde da Fonsagrada

 

A Fonsagrada06 de maio de 2024.- O BNG segue coas concentracións para reclamar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. A responsábel local, María Fernández, recrimina o veto do PP a unha iniciativa presentada no Parlamento galego polo BNG, onde se pedía que a Xunta cubra as prazas de persoal facultativo das que dispón o centro de saúde da Fonsagrada, que presta atención sanitaria tanto a este concello como ao de Negueira de Muñiz.

Temos que ter en conta que nun mes xubilase outro dos médicos que pasan consulta na Fonsagrada e non se pode garantir unha sanidade digna con 2 facultativos para atender a case 4,000 habitantes nun territorio que ocupa 500KM2, cando este era un centro que contaba con 5 médicos.

"Só estamos reclamando o que o que había, nin máis nin menos", recordou Fernández e tamén reclamamos as "medidas estruturais necesarias no centro de saúde para que se poidan prestar nel os servizos de radioloxía e fisioterapia, evitando deste xeito o desprazamento da veciñanza a outros municipios. "

"O dereito á sanidade pública é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña", concluíu María Fernández.

O BNG volve concentrarse na Fonsagrada logo do veto do PP para cubrir as prazas de persoal facultativo no centro de Saúde da Fonsagrada