“CON ESTE NOVO MODELO DE XESTIÓN DISMINUIRIASE A CARGA DE OBXECTOS QUE CHEGAN AO PUNTO LIMPO DO CEAO E O INTERESE QUE POIDAN DESPERTAR” AFIRMOU ARROXO

O BNG-AA propón a implantación de Puntos de Segunda Oportunidade

Rubén Arroxo dixo que “os puntos de segunda oportunidade funcionan en moitas cidades europeas e permiten recuperar obxectos que están en bo estado”

O BNG-AA propón a implantación de Puntos de Segunda Oportunidade

Lugo, 23 de setembro de 2017. O BNG-AA propón a implantación de varios Puntos de Segunda Oportunidade na cidade de Lugo. Rubén Arroxo exlicou que se trata de acondicionar varios puntos na cidade para que as persoas poidan depositar obxectos que xa non utilizan para que outras persoas os poidan reutilizar. Trátase dunha iniciativa que xa funciona noutras cidades europeas e que aposta por fomentar a cultura da recuperación e reutilización de obxectos. Arroxo explicou que estes puntos de intercambio estarían debidamente supervisardos polo servizo municipal de limpeza para evitar a acumulación de obxectos e que estes puntos se convirtan en depositos de lixo.

“Con este novo modelo de xestión disminuiriase a carga de obxectos que chegan ao Punto Limpo do Ceao e o interese que poidan despertar” afirmou Arroxo que se referiu aos continuos roubos que sufre esta instalación municipal do Ceao. “Ao goberno municipal o único que se lle ocurre é facer novos edificios e seguir gastando cartos públicos en ladrillo e ao mellor hai que pensar en outros métodos máis sinxelos, baratos e eficientes de xestión” afirmou Arroxo. O voceiro do BNG-AA lembrou que esta proposta xa foi feita pola formación que representa no ano 2015.

Temos que facer de Lugo un sitio amable e habitable para as persoas independentemente dos seus recursos económicos e cada vez está máis claro que o modelo consumista que puxo en marcha o capitalismo está máis caduco que nunca” afirmou Arroxo e dixo que “esta iniciativa enmarcanse dentro do modelo de cidade que nós queremos para Lugo, unha cidade que funciona por que as persoas son as protagonistas da súa xestión”. A recuperación de obxectos domésticos é unha aposta do BNG- Asambleas Abertas para que os lucenses teñan mecanismos para poder levar un modelo de vida máis sostible nestes tempos de crise económica.