DENDE O BNG-AA PROPONSE QUE O GOBERNO CONTE CO EQUIPO DE TRABALLADORAS DA CASA DA MULLER PARA EVITAR ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS “QUE ENALTECEN Á VIOLENCIA MACHISTA”

O BNG-AA traslada ao Foro de Igualdade o sucedido no acto de fin de curso da Escola de Música

“O concelleiro de Educación debería pedir desculpas públicas por alentarse nun acto do concello o asasinato en serie de mulleres dentro dun conto para nenas e nenos” dixo Ferreiro

O BNG-AA traslada ao Foro de Igualdade o sucedido no acto de fin de curso da Escola de Música

Lugo, 23 de xuño 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, anunciou que levará ao Foro de Igualdade unha proposta para pedir explicacións sobre o acontecido no acto de fin de curso da Escola Municipal de Música. Maite Ferreiro lembrou que o mércores día 21 deste mes de xuño  celebrouse, no auditorio Gustavo Freire, a gala de fin de curso da Escola Municipal de Música, donde o profesorado e o alumnado fixeron unha demostración do bo traballo realizando o longo do curso, mais o acto quedou empañado polos feitos sobre os que o BNG-AA pedirá explicacións no Foro de Igualdade.

“Solicitaremos que o Foro de Igualdade solicite explicacións ó goberno municipal sobre o acontecido nesa gala” informou Maite Ferreiro e engadiu “tamén demandamos que se solicite ó responsable da Concellería de Educación disculpas públicas pola humillación á todas as mulleres víctimas de violéncia machistas e á todas as personas asistentes a este evento”. A presentación deste acto foi realizada por unha persona que utilizou un conto desactualizado de “As Mil e Unha Noites”, na que o protagonista era un rei moi poderoso que, despois de descrubrir que a súa muller fora infiel, matóuna xunto ao seu amante. Continuaba o relato que , o rei como venganza, decidiu casarse cada día cunha muller e asesinala ó día seguinte.

O BNG-AA proporá que o Goberno Municipal teña en conta o asesoramento, en materia de xénero, do personal técnico da Casa da Muller á hora de realizar actos públicos dependentes do Concello de Lugo. “Estamos seguras que coa boa intención do goberno municipal e a atención técnica do persoal da casa da muller non volverán a repertirse este tipo de actuacións que enaltecen a violencia machista” afirmou Maite Ferreiro.

Para a edil do BNG-AA “este tipo de feitos supoñen unha humillación a todas as mulleres vítimas de violencia machista e ás mulleres presentes no acto”.  Ademais no acto, no que participaron centos de nenas e nenos de menos de 6 anos, relatouse un conto que reflexaba escenas de violencia contras as mulleres e proxectáronse imaxes dunha película recomendada para maiores de 12 anos. Para a edil do BNG-AA resultou “innecesario, nestas épocas que vivimos” o relato sobre o conto das Mil e Unha Noites relatándolles como a “astuta” Sherezade era capaz de enganar ao rei para evitar que matara como xa fixera con todas as súas mulleres. Do mesmo xeito resultou “pouco afortunadas” as imaxes que se proxectaron da triloxía de westerns de Sergio Leone (A morte tiña un prezo, Por un puñado de dolares, O bon, o feo e o malo) que son filmes recomendados para maiores de 12 anos e que se proxectaron nun auditorio con varios centos de nenos menores de 6 anos.