RUBÉN ARROXO APOSTOU POR CREAR TRES CICLO-VÍAS PRINCIPAIS EN LUGO, “ATENDENDO AO SENTIDO COMÚN E ÁS DEMANDAS DAS PERSOAS USUARIAS”

O BNG aposta por un sistema de ciclo-vías útil para a mobilidade de Lugo “non para xustificar unha subvención”

O BNG establece tres vías como prioritarias “unha tranversal no eixo Garabolos – Av de Madrid, outra entre a cidade e o Ceao e a máis ampla no cinturón verde da cidade”

O BNG aposta por un sistema de ciclo-vías útil para a mobilidade de Lugo “non para xustificar unha subvención”

Lugo, 30 de maio de 2018. O voceiro do BNGAA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, insistiu hoxe na necesidade de apostar por unha nova mobilidade para cidade de Lugo e en relación á proposta anunciada, polo goberno, de creación dunha rede de ciclo-vías dixo que o BNG aposta por un sistema de ciclo-vías útil para a mobilidade de Lugo “non para xustificar unha subvención”. Arroxo sinalou “o BNG ten un proxecto de cidade e sabemos cales son as demandas reais da xente que anda bicicleta e para nada coinciden co que plantexa a alcaldesa”.

Rubén Arroxo apostou por crear tres ciclo-vías principais en Lugo, “atendendo ao sentido común e ás demandas das persoas usuarias” por que “Lugo necesita un cambio de modelo e este goberno unicamente plantexa solucións para saír do paso cando non ten ideas propias e ten que saír do paso para poder xustificar os cartos de europa”. “Lugo precisa unha política de mobilidade que converta toda a cidade en zona de coexistencia entre vehículos, bicicletas e peóns” dixo Rubén Arroxo e apuntou ao modelo de Pontevedra onde toda a cidade é zona 30 e non se precisa a creación de carril bici nin ciclo-vías sen necesidade de carril bici.

Nas zonas de coexistencia de tráfico non é precisa definición de vías específicas para as bicicletas, en Lugo poderíanse establecer ciclo-vías para mellorar a seguridade de ciclistas en certas zonas e que permitan favorecer o fomento do uso da bicicleta. Arroxo dixo que “as propostas para o fomento da bicicleta teñen que ser consensuadas e opinadas polas persoas que utilizan a bicicleta” e apuntou que “hai diferentes tipos de usuari@s e as propostas de mobilidade teñen que ter en conta tanto a deportistas como a quen utiliza a bici como medio de transporte na cidade ou a quen vai a traballar con bici”.

O BNG establece tres vías como prioritarias “unha tranversal no eixo Garabolos – Av de Madrid, outra entre a cidade e o Ceao e a máis ampla no cinturón verde da cidade”. As vías propostas polo BNG serían tres e estableceríanse aproveitando o eixo transversal da cidade, dende Garabolos á av. de Madrid, outro para unir a cidade cos polígonos do Ceao e as Gándaras. Para terceira ciclo-vía aproveitaríase para o parque do Miño e a novo carril bici do Rato, proposto polo BNG, e uniríase coa estrada de Ombreiro para crear un gran circuíto circular á redor da cidade