A PARTIR DO 1 DE ABRIL, O CEMITERIO PERMITIRÁ ENTERROS ENTRE AS 10:30 E AS 18:00
A área de Participación amplía os horarios de enterramentos no Cemiterio Municipal
A partir do 1 de abril, o cemiterio permitirá enterros entre as 10:30 e as 18:00
Cristina López: "Garantimos que se poidan realizar ata 6 enterros diarios de luns a sábado"
Lugo, 27 de abril de 2024. A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou a ampliación dos horarios de enterramentos no Cemiterio Municipal. A concelleira explicou que "esta medida permite garantir unha maior dispoñibilidade horaria no cemiterio, acollendo ata 6 enterros diarios de luns a sábado", e engadiu "unha vez cuberta a plantilla de persoal na súa totalidade, podemos dar o mellor servizo nesta instalación municipal".
A partir do 1 de abril, o Cemiterio acollerá enterros entre as 10:30 e as 18:00 de luns a sábado, un cada hora entre as 10:30 e as 13:30 e dous en horario de tarde, ás 17 e ás 18 horas. O horario da instalación será de de 9.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00. de luns sabado e os domingos e festivos de 9.30 a 14.30 horas. Con esta medida, amplíanse ata 6 os enterros realizables nas xornadas de luns a sábado, xunto cos 4 que se poden realizar no horario de domingo.
Nas xornadas de maior afluencia de visitantes, o horario de visitas será ininterrumpido entre as 09:30 e as 19:00. Este horario aplicarase os días 17 de marzo, 5 de maio, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.