MONTSE VALCÁRCEL: "ANCARES É UNHA REFERENCIA DA TRANSFORMACIÓN ALIMENTARIA; HAI QUE APOSTAR POR REVITALIZAR ESTA COMARCA"

A deputada nacionalista Montse Valcárcel acudiu á XXXVI Feira do Queixo do Cebreiro xunto coa deputada provincial Iria Castro e membros do BNG en Pedrafita do Cebreiro

Montse Valcárcel: "Ancares é unha referencia da transformación alimentaria; hai que apostar por revitalizar esta comarca"

A deputada nacionalista Montse Valcárcel acudiu á XXXVI Feira do Queixo do Cebreiro xunto coa deputada provincial Iria Castro e membros do BNG en Pedrafita do Cebreiro

 

Pedrafita do Cebreiro, 29 de marzo de 2024.- A deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel, participou na XXXVI Feira do Queixo do Cebreiro, a que foi acompañada pola deputada provincial Irias Castro e membros do BNG da localidade.

A deputada destacou que esta feira é unha proba do potencial que posúe a comarca dos Ancares na produción alimentaria "Ancares é unha referencia da transformación alimentaria, unha boa proba é a súa IXP do queixo e o bo facer das persoas que traballan na actividade agro-gandeira, como amosan os produtos relacionados co porco ou a tenreira tamén" As feiras son claves para fomentar o consumo de produto de proximidade e contribuír a un sistema "máis sustentabel e capaz de xerar máis dinamismo económico no propio territorio".

Neste senso, Montse Valcárcel salientou que para poder contribuír a dinamizar a economía e  revitalizar á xente este lugar "é preciso seguir potenciando circuítos comerciais de proximidade, e fomentar políticas en contra do abandono do rural para que a xente poida establecer a súa vida nestes lugares, por isto hai que apostar por revitalizar este comarca".

A deputada nacionalista Montse Valcárcel acudiu á XXXVI Feira do Queixo do Cebreiro xunto coa deputada provincial Iria Castro e membros do BNG en Pedrafita do Cebreiro