O BNG-Asembleas Abertas pedirá no pleno a creación do Consello Municipal de Cultura e Patrimonio

O BNG-Asembleas Abertas pedirá no pleno a creación do Consello Municipal de Cultura e Patrimonio

IMG_5247Os nacionalistas apostarán pola creación deste organismo consultivo no que terán cabida entidades, colectivos e persoas relacionadas co mundo da cultura e patrimonio

Lugo, 26 de abril 2016. O BNG-Asembleas Abertas pedirá, no vindeiro pleno do concello de Lugo, recuperar o Consello Municipal de Cultura e Patrimonio. Maite Ferreiro lembrou que, neste momento, a cidade de Lugo posue tres elementos que contan coa declaración de Patrimonio da Humanidade e “entendemos que o concello debe contar cun órgano consultivo formado por especialistas para acometer todas aquelas accións necesarias para potenciar e poñer en valor todos os elementos patrimoniais da cidade”. O BNG – Asembleas Abertas fará esta proposta a través dunha emenda  á moción dos populares na que se trata de reducir este asunto á creación dunha mesa de traballo.

O Consello Municipal de Cultura e Patrimonio terá como fin propopoñer e actuar como órgano consultivo para promover actividades culturais e de difusión do patrimonio. “Este Consello que debemos recuperar no concell debe ter como obxectivo a promoción do patrimonio e da cultura mediante fórmulas que lle dean resposta ao incremento de infraestruturas culturais e á realidade da demanda actual” sinalou Maite Ferreiro.

“É evidente que en Lugo hai moitas persoas que teñen desenvolvido importantes traballos sobre o patrimonio e moitos colectivos e entidades que teñen feito un importante traballo no eido cultural” dixo Maite Ferreiro e sinalou que “consideramos que hai que dar opción de que participen todas as persoas que teñen algo que aportar”. Entendemos que a proposta asinada por Castiñeira é restrictiva e claramente tendenciosa por que so prantexa a participación de determinados colectivos e entidades deixando fora da mesa de traballo que propoñen a outras moitas persoas e colectivos que teñen unha importante traxectoria.