O BNG de Becerreá propón a realización dun pleno para aportar medidas pola COVID-19

Sabela Pérez
Sabela Pérez

A voceira do BNG, Sabela Pérez, suxire ao goberno municipal pór medidas fiscais e sociais

O BNG de Becerreá propón a realización dun pleno para aportar medidas pola COVID-19

Becerreá, 13 de maio de 2020.- A voceira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, suxeriu á alcaldía a celebración dun pleno para pór medidas para paliar os efectos económicos e sociais desta crise sanitaria.

O bloque en Becerreá resalta que o COVID-19 está a deixar efectos económicos e sociais tanxibles en moitas familias e empresas do municipio, ao que dende a alcaldía non aportaron información sobre que medidas se están a efectuar nin a situación na que se atopa Becerreá, debido a que a alcaldía non fixo ningún exercicio de información á corporación municipal.

As medidas presentadas son de carácter fiscal cuxo fin é proporcionar vías para axudar as familias empresas a través de moratorias de impostos relacionados co pagamento de taxas e impostos municipais, como son o imposto de circulación de vehículos como o imposto de bens inmobles (IBI). Tamén a anulación de aqueles recibos de auga, lixo e saneamento para colectivos que por mor da crise sanitaria tiveran que fechar os seus negocios.

Sabela Pérez declarou “ o goberno municipal ata este momento non puxo en comunicación a ningún integrante da corporación municipal cal é a situación que atravesa Becerreá, cremos que é necesario abrir canles de comunicación e aportar medidas para axilizar axudas á veciñanza”

Neste sentido, a voceira municipal resaltou “ desde o BNG cremos que hai que pór encima da mesa medidas de carácter económico como socias para frear as consecuencias desta crise”

O BNG de Becerreá propón a realización dun pleno para aportar medidas pola COVID-19