O BNG PROPÓN CREAR UN PLAN DE TRABALLO CO QUE SOLUCIONAR ESTE  DESLEIXO.  

O BNG denuncia o “abandono” das pistas rurais no concello

A candidata á alcaldía, María Xesús López, puxo de manifesto o estado de abandono no que se atopan as pistas rurais no concello de Samos.

O BNG denuncia o “abandono” das pistas rurais no concello

 

Samos, 8 de maio 2019. A candidata polo BNG á alcaldía vén de denunciar o “estado de abandono” no que se atopan as pistas rurais que conectan os núcleos parroquiais de Teivilide e Suñide. Segundo María Xesús López estas estradas carecen dunha total falta de mantemento por parte dos servizos municipais e provinciais.

 

A candidata nacionalista afirma que esta situación insostíbel repítese ao longo de todo o concello xa que durante anos non houbo ningunha reparación das pistas e que foi a deixadez do goberno municipal o que propiciou o mal estado no que se atopan as estradas. As pistas de Samos están, actualmente, cheas de fochancas porque o firme está levantado o que as fai practicamente intransitables. Ademáis as cunetas están repletas de maleza debido á falta de limpeza.

 

O concello de Samos ten a necesidade de implementar un plan de traballo municipal que vaia máis aló dos “parcheos electoralistas” e se traduza nun arranxo e nunha limpeza integral das pistas do termo municipal así como nun mantemento efectivo das mesmas, aproveitando tamén os recurso de maquinaria local dos que xa se dispoñen, actuando así en beneficio dos veciños.