O BNG en Guitiriz anima á veciñanza a participar na mobilización contra a crise de prezos

A fronte nacionalista realizou un reparto informativo da campaña "Fagamos Valer Galiza, contra a crise de prezos, hai alternativas" na feira de Parga

Xosé Lois González “Pereira”, concelleiro do BNG en Guitiriz: “Este 18 de decembro mobilizámonos para esixir medidas para unha saída xusta desta crise

O BNG en Guitiriz anima á veciñanza a participar na mobilización contra a crise de prezos

Guitiriz, 11 de decembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz desenvolveu un reparto informativo na feira de Parga dentro da campaña "Fagamos Valer Galiza, contra a crise de prezos, hai alternativas", na que se presentou o decálogo de medidas da formación nacionalista ante o brutal incremento dos prezos e conviodouse á veciñanza a sumarse á mobilización que o BNG organiza este 18 de decembro en Compostela. A saída será ás 12 horas da Alameda.

Algunha das medidas urxentes do decálogo do BNG son, por exemplo, incrementar a presión fiscal ás grandes empresas e patrimonio coa persecución da fraude fiscal, o impulso á mocidade, ás PEME’s ou a intervención no mercado eléctrico e o da vivenda. Todas elas teñen por obxectivo dotar a Galiza dunha alternativa á política de austeridade e de recorte do Partido Popular

concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois González “Pereira” declarou “este 18 de decembro mobilizámonos para esixir medidas para unha saída xusta desta crise, non podemos consentir a parálise da Xunta de Galiza como do Goberno do Estado”

Neste senso, Pereira sinalou “facemos un chamamento á veciñanza de Guitiriz para que se mobilice co BNG, hai alternativas para facernos valer e deter o empobrecemento dagalegas e galegos” 

O BNG en Guitiriz anima á veciñanza a participar na mobilización contra a crise de prezos