Olalla Rodil visita a Feira do 12 en Becerreá

Estivo acompañada pola concelleira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, e membros e simpatizantes da organización

Rodil “os Ancares é unha gran potencia que precisa de alternativas para garantir o dereito a poder vivir e traballar”

Olalla Rodil visita a Feira do 12 en Becerreá

Becerreá, 10 de decembro de 2022. - A deputada do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil participou esta mañá xunto coa concelleira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, e militantes e simpatizantes da organización, nunha nova edición da Feira do 12 de Becerreá.

Esta feira da Montaña de Lugo, que foi recuperada grazas ao colectivo local Rente o Couce, amosa unha gran e variada mostra de produtos da contorna dos Ancares. Olalla Rodil enxalzou o papel destas mostras “feiras como esta do 12 son a chave para o fomentar o consumo de proximidade, para contribuír a un sistema máis sostíbel e á vez xerar máis dinamismo económico no propio territorio”

A deputada do BNG salientou “os Ancares é unha gran potencia que precisa de alternativas para garantir o dereito a poder vivir e traballar, a mostra é esta feira a que amosa a calidade e a variedade que se produce neste enclave”

Nesta liña, a deputada do BNG destacou “mais para iso é preciso proxectos transformadores nos concellos e no País para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven aquí”.

Por outra banda, a deputada nacionalista tamén destacou as dificultades polas que está a pasar o sector agrogandeiro por mor da crise de prezos “están baixo o precipicio por mor da suba dos custos de produción e unha PAC na que non se defenden os dereitos, e ante este contexto, temos ao Goberno da Xunta como o do Estado paralizados”.

 

Por estas razóns, Rodil animou a participar na mobilización que o BNG organiza o vindeiro 18 de decembro en Compostela para reclamar unha saída xusta a esta crise “é hora de facernos valer, existen alternativas para que as maiorías sociais non queden na estacada, por isto animo a todas e a todos a mobilizarse co BNG” 

Olalla Rodil visita a Feira do 12 en Becerreá