O BNG insta á Xunta a negociar coas compañías de transporte para que Lugo non quede excluído das bonificacións

Olalla Rodil “non pode excluírse a Lugo destas medidas nin agraviar unha cidadanía sobre outra”

O BNG salienta o déficit en materia de mobilidade e infraestruturas da provincia

O BNG insta á Xunta a negociar coas compañías de transporte para que Lugo non quede excluído das bonificacións

Lugo, 6 de setembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego insta ao Goberno da Xunta de Galiza a negociar coas compañías concesionarias do transporte público para que Lugo e o resto de vilas da provincia non queden excluídas das bonificacións adicionais.

Lugo queda fóra desta nova táboa de prezos con descontos, favorecendo ao illamento en materia de mobilidade e infraestruturas. As actuais bonificacións só se aplican nas vilas e cidades pertencentes ao Eixo Atlántico.

A deputada por Lugo do BNG, Olalla Rodil, explicou “viaxar en bus entre Vigo e A Coruña terá un custo de 64 céntimos, mais o traxecto entre Lugo e Compostela será de case 5 euros, aplicando o desconto da Xunta”

Neste senso, a deputada anunciou “non pode excluírse a Lugo destas medidas nin agraviar unha cidadanía sobre outra, por iso desde o BNG pedimos a implicación da Xunta de Galiza, para que as bonificacións anunciadas polas empresas de transporte se estendan tamén ás liñas da nosa provincia”

Rodil tamén salientou o agravio continuado en materia de infraestruturas e de mobilidade “Lugo leva décadas reclamando un tren do século XXI e máis de vinte anos agardando por unha autovía que conecte a cidade coa capital de Galiza”

O BNG insta á Xunta a negociar coas compañías de transporte para que Lugo non quede excluído das bonificacións