“NOS ÚLTIMOS DÍAS HOUBO 3 PERSOAS MORTAS NO PAÍS E PARECE QUE NINGUÉN SE PREOCUPA POR UN PROBLEMA QUE AUMENTA E XA ADVERTIMOS” DIXO ARROXO

O BNG levará o Pleno do concello unha iniciativa de urxencia para reclamar medidas de control da Velutina

Para o BNG a responsabilidade é da Xunta de Galiza pero os concellos teñen que implicarse por que “o problema é máis grave do que parece”

O BNG levará o Pleno do concello unha iniciativa de urxencia para reclamar medidas de control da Velutina

Lugo, 21 de xullo 2018. O BNG levará ao Pleno do concello de Lugo unha iniciativa para reclamar medidas de control contra a expansión da Vespa Velutina. “Nos últimos días houbo 3 persoas mortas no país e parece que ninguén se preocupa por un problema que aumenta e xa advertimos” dixo Arroxo. O pleno de xullo será o último do curso político e ata o mes de setembro non se volverá a reunir a corporación de Lugo “entendemos que non se pode agardar máis para tomar as medidas necesarias e por iso impulsamos esta proposición pola vía de urxencia en vista de que non se está a facer nada” dixo Arroxo.

 

A arroxo lembrou que o PP votou en contra dunha proposición non de Lei do BNG no  Parlamento galego na que se instaba á Xunta de Galicia a: “Impulsar, financiar e coordinar unha campaña primaveral de trampeo masivo coa distribución de 50.000 trampas cos seus 300.000 atraentes por todo o territorio galego onde a avespa Velutina teña presencia”. O BNG proporá que no concello se implanten sistemas de actuación para frear a praga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en terrazas e xardíns e explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.

 

O voceiro nacionalista sinalou que “a competencia é da Xunta de Galiza pero o concello debe ter previsto un plan de actuación para poder afrontar os problemas derivados da presenza deste insecto no noso concello”. A iniciativa do BNG-AA tamén servirá para instar á Xunta de Galiza a que poña os medios necesarios para tratar de frear a invasión da coñecida como avespa asiatica en todo o país. “Non hai que inventar nada novo, trátase de aplicar protocolos eficaces como o de Euskadi que está a dar un bo resultado” afirmou Arroxo.

Arroxo lembrou que o pleno do concello aprobou unha iniciativa do BNG no ano 2016 para que se adoptasen as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas”.

O BNG propón, unha vez máis, que no Concello e Xunta implanten sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.