RODIL EXPLICOU QUE O TTIP SUPÓN “A PRÁCTICA ELIMINACIÓN DOS DEREITOS LABORAIS E O PERIGO DE DESAPARICIÓN DAS NOSAS PRODUCIÓNS AGRARIAS”

“O BNG no goberno da Xunta será un freo para evitar que os tratados do TTIP arrasen Galiza” dixo Olalla Rodil

Olalla Rodil dixo que “o Goberno Galego ten que ser un catalizador para sacar ao sector gandeiro no bucle no que se atopa”

“O BNG no goberno da Xunta será un freo para evitar que os tratados do TTIP arrasen Galiza” dixo Olalla Rodil

Chantada, 21 de setembro 2016. A candidata do BNG, Olalla Rodil, dixo que “o BNG no goberno da Xunta será un freno para que os tratados do TTIP arrasen Galiza”. Durante unha visita a unha adega da Ribeira Sacra, a candidata do BNG sinalou que “as institucións deste país terán que poñerse do lado de traballadores e produtores, cousa que o PP non vai facer por que eles defende uns intereses moi diferentes aos das persoas”.

Olalla Rodil tamén se referiu á Mesa do Viño


Rodil explicou que uns dos sectores máis afectados por estes tratados será o do viño e de todas as producións que están amparadas por indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe. A candidata do BNG salientou que “o sector vitivinícola é un dos máis importantes motores económicos do sur de Lugo” e engadiu “igual que pasou coa desaparición das cuotas lácteas, Núñez Feijoo e o seu goberno non teñen nada previsto, nin están informando aos produtores, nin saben o que se lles ven enrriba co TTIP”.


Para o Bloque Nacionalista Galego, os riscos que suporá a entrada en vigor do TTIP suporá a eliminación de barreiras arancelarias “se non se protexen as denominacións de orixe acabaremos no noso mercados con viño mencia, etiquetado como Ribeira Sacra, producido en California, e iso será un auténtico desastre para un sector tan importante na economía galega”.


Olalla Rodil tamén se referiu á Mesa do Viño, "unha iniciativa que fora posta en marcha polo BNG cando tivo responsabilidades de goberno na Xunta, pero que foi desactivada polo PP tras a chegada de Feijóo á Xunta. Durante a visita, na que a candidata do BNG estivo acompañada polo edil do BNG en Taboada, Xosé Antón Ledo e  polo voceiro do BNG en Chantada, André Sánchez Lavandeira, os nacionalistas puideron comprobar como as iniciativas postas en marcha no medio rural e vencelladas a producións de calidade son viables.