O ALCALDE E 5 EDILES FORON CONDENADOS POLA AUDIENCIA DE LUGO 2017 A PENAS DE ENTRE 9 E 7 ANOS DE INHABILITACIÓN PARA EXERCER CARGO PÚBLICO POR PREVARICACIÓN E ACOSO LABORAL.

O BNG de Palas de Rei esixe que o alcalde do PP cumpra a pena de inhabilitación e envía un boletín á veciñanza

Pardellas explicou que “os motivos que dan pé a esta sentencia evidencian unha xestión municipal do PP nada democrática nas formas e moi pouco rigorosa no fondo”

O BNG de Palas de Rei esixe que o alcalde do PP cumpra a pena de inhabilitación e envía un boletín á veciñanza

Palas de Rei, 1 de marzo de 2018. O BNG de Palas de Rei editou un boletín que distribuirá entre toda a veciñanza do concello. Nesta publicación o BNG esixe que o alcalde do PP cumpra a pena de inhabilitación. O voceiro, Manuel Saavedra Pardellas, lembrou que o Alcalde e cinco integrantes da súa equipa de goberno foron condenados pola Audiencia de Lugo, en xullo do 2017, a penas de entre nove e sete anos de inhabilitación para exercer cargo público por prevaricación e acoso laboral. Pardellas explicou que “os motivos que dan pé a esta sentencia evidencian unha xestión municipal do PP en Palas nada democrática nas formas e moi pouco rigorosa no fondo, o que provoca, ante a opinión pública, unha imaxe moi negativa do noso Concello e dos seus gobernantes”.

“O concello tivo que soportar, por este proceso xudicial, máis gastos innecesarios e o descrédito da vida municipal e demoras inxustificadas na tramitación ordinaria dos asuntos que lle afectan á veciñanza” dixo o voceiro do BNG. Por este motivo, unha vez coñecida a sentenza condenatoria, o razoábel política e legalmente sería dimitir dos seus cargos para cumprir a sentenza e permitir que outras persoas, non cuestionadas xuridicamente, puidesen asumir a labor do Goberno Municipal, recuperando a normalidade política e a seguridade xurídica en todas as actuacións que desenvolvan.

Para o BNG “non é normal que as persoas condenadas continúen ocupando os seus cargos e tomando acordos que só votan os concelleiros inhabilitados” por que “isto provoca que siga o conflito e que se tomen acordos de dubidosa legalidade, que poden afectar no futuro aos dereitos e intereses dos propios veciños de Palas”. O Alcalde e os membros do Goberno inhabilitados, conscientes da gravidade das súas actuacións, tomaron “a decisión de apartarse temporalmente das filas do PP para evitar danar ao partido. O BNG, considera que os veciños e as veciñas de Palas de Rei non se merecen este trato e demanda que cumpran a sentencia que os inhabilita para exercer cargos públicos e renuncien  aos postos que ostentan no Concello