CARME AIRA VISITOU A IGREXA DE SANTIAGO DE CEREIXIDO EN CERVANTES XUNTO CON VECIÑAS E REPRESENTANTES DO BNG

O BNG pedira no Parlamento Galego medidas para a conservación da igrexa de Santiago de Cereixido en Cervantes

"Contamos cun patrimonio cultural e relixioso de gran valor, que está sen o coidado requirido e que precisaría atención inmediata e urxente para frear o seu deterioro e acadar o seu máximo esplendor" afirmou Aira

O BNG pedira no Parlamento Galego medidas para a conservación da igrexa de Santiago de Cereixido en Cervantes

Cervantes, 02 de outubro de 2023. A Parlamentaria do BNG, Carme Aira , visitou a igrexa de Santiago de Cereixido no concello de Cervantes que conta cunha igrexa de magnífica presenza pola súa estrutura e tamaño, datada con anterioridade ao S. XV. Esta igrexa é un punto de referencia para toda a veciñanza de Cervantes que segue a ter a súa romaría e a poboación segue a usar. Na actualidade atopase en estado de abandono (pinturas desconchadas e retablos deteriorándose) ó igual que o cemiterio e a reitoral.

Carme Aira anuncioulles á veciñanza que trasladará unha iniciativa ao Parlamento Galego para reclamar a protección deste ben patrimonial.

A través desta iniciativa o BNG instará ó goberno da Xunta a que atenda as peticións de restauración integral e mantemento posterior da Igrexa de Santiago de Cereixedo que a veciñanza ten solicitado. 

Solicitaremos que este ben sexa declarado BIC que sería o primeiro paso para que se protexese

Nunha visita feita a Cervantes o conselleiro de Educación, Cultura e Universidades prometeu levar a cabo reparacións nesa igrexa "O conselleiro de Educación, Cultura e Universidades ten que cumprir unha promesa que lle fixo á veciñanza e que parece non recordar" sinalou Aira.

 

O BNG pedira no Parlamento Galego medidas para a conservación da igrexa de Santiago de Cereixido en Cervantes