O BNG VEN DEMANDANDO O ARRANXO DESTAS INFRAESTRUTURAS FLUVIAIS DENDE FAI MÁIS DE UN ANO E AGORA SUPLUSA COMENZOU A REPOSICIÓN DA PONTE DO PASEO DO MIÑO

O BNG pide que se avance na mellora do entorno do Miño e que se arranxe o caneiro de Santalla

Rubén Arroxo con integrantes de Galiza Nova
Rubén Arroxo con integrantes de Galiza Nova

 Rubén Arroxo “grazas ao BNG estase arranxando a pontella no enlace do Miño e o Rato, apostamos polo mantemento dos sendeiros fluviais tan utilizados en Lugo”

O BNG pide que se avance na mellora do entorno do Miño e que se arranxe o caneiro de Santalla

Lugo, 16 de novembro de 2017. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou a necesidade de acometer a restauración do caneiro de Santalla nunha visita con integrantes de Galiza Nova e lembrou que “o BNG xa levou esta proposta a un Pleno da Deputación e poderiase aproveitar o baixo nivel das augas deste ano para facer unha obra que non ten complicación e que garantiría a pervivencia deste elemento arquitectónico do patrimonio etnográfico e fluvial lucense”. Para o BNG “é necesario que a través dos entes oportunos,se doten os mecanismos, medios e recursos necesarios para mellorar o mantemento e os servizos existentes no Parque do Rato, restaurando os elementos deteriorados, mellorando os accesos”

Rubén Arroxo “grazas ao BNG estase arranxando a pontella no enlace do Miño e o Rato, apostamos polo mantemento dos sendeiros fluviais tan utilizados en Lugo” e informou de que a entidade pública da Deputación, SUPLUSA, está procedendo á reposición da pontella que fai uns anos foi arrincada pola riada. Arroxo sinalou que o BNG tamén levou iniciativas neste mesmo senso ao concello de Lugo xa que “son unha constante cando se fala coas persoas usuarias deste parque as queixas polo estado deste parque, tanto no referente ao seu coidado como aos servizos que puideran existir nel, cuestión que supoñemos responden máis a motivo de medios e orzamentos que a calquera outra cuestión”.

O BNG propón que se fagan os trámites necesarios para intentar reparar dun xeito definitivo o caneiro existente nese lugar, asegurando a súa existencia. Arroxo explico que “no caneiro hai danos que poden poñer en perigo a súa estabilidade estrutural e ten importantes perdas de auga”. O caneiro de Santalla, que se atopa na desembocadura do río Rato, fora restaurado pola Deputación e neste momento precisa de reparacións para recuperar zonas afectadas polas riadas. Este caneiro, ademais do seu uso como elemento recreativo, é un importante elemento patrimonial e etnográfico. Pódese considerar como un peza musealizada do que foi a vida do río e o seu aproveitamento noutra época.