AS PRESENTADAS HOXE SON AS 14 PERSOAS QUE, CON RUBÉN ARROXO, CONFORMARÁN O PRIMEIRO TRAMO DA LISTA ELECTORAL QUE REMATARÁ DE CONFECCIONARSE NO PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais para “gobernar e facer que Lugo funcione”

IMG_7676

Rubén Arroxo “é unha candidatura renovada á que se incorporaron
persoas que lle queren a esta cidade e apostaron polo BNG como motor de cambio”

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais para “gobernar e facer que Lugo funcione”

Lugo, 14 de decembro de 2018. O candidato á alcaldía no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou ás 14 persoas que conformarán o primeiro tramo da candidatura do BNG para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2019. Arroxo afirmou “presentaremos unha candidatura para acadar a alcaldía, gobernar e facer que Lugo funcione” e sinalou “é unha candidatura renovada á que se incorporaron persoas que lle queren a esta cidade e apostaron polo BNG como motor de cambio”.

Arroxo avanzou que as presentadas hoxe son as 14 persoas que conformarán o primeiro tramo da lista electoral que rematará de confeccionarse no primeiro trimestre do ano vindeiro. O candidato e
voceiro do BNG no concello de Lugo dirixiu unha proposta de primeiro tramo da candidatura aos órganos de dirección do BNG. Foi a única proposta de candidatura presentada que agora terá que ser avalada pola asemblea e o Consello Nacional do BNG.

“Estamos recibindo moitas mostras de apoio, foi moi sinxelo confeccionar este primeiro tramo da candidatura por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Lugo e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Arroxo e engadiu
aglutinaremos o voto da esquerda en Lugo por que o BNG é a única proposta sería que se presenta consolidada e cun proxecto claro para Lugo”.


Os deberes feitos

O BNG foi a primeira forza política en definir o seu candidato á alcaldía e a primeira en presentar proposta de candidatura. “Temos os deberes feitos, temos moita xente que apoia o noso proxecto político e que quere participar na vida política para mudar o presente e o futuro deste concello
e por iso somos a primeira proposta para gobernar esta cidade” afirmou Rubén Arroxo.

A candidatura:

  1. Rubén Arroxo Fernández – 1985 - Arquitecto Técnico – voceiro do BNG no concello de Lugo
  2. Maite Ferreiro Tallón - 1964- Administrativa, concelleira do BNG en Lugo
  3. Alex Penas Roibás - 1975. Técnico de Orientación Laboral. Diplomado en Traballo Social.
  4. Cristina López Fernández – 1973 -Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos – Traballadora de superficie comercial e delegada da CIG
  5. Felipe Rivas Jorge – 1984 – Técnico de Telecomunicacións.
  6. Alexandre Espiño Castro – 1994 – Grao en Enxería da Enerxía  Reponsable comarcal de Galiza Nova
  7. Beatriz Cedrón Vilar - 1968 - Animadora Sociocultural -  Diplomada en Traballo Social.
  8. María Carmen Salvadores Cobas – 1957 – Administrativa Prexubilada de Telefónica e activista feminista
  9. David Vázquez Vázquez –:1979 Tecnico Superior en Restauración – Traballador do SERGAS
  10. Iria Buide Pena – 1994 – Estudante de Enfermería e Técnica en Anatomía Patolóxica
  11. Fran Ulloa Prado – 1967 – Veterinario en Seragro, produtor forestal e de enerxías renovaveis.
  12. Sandra Sánchez Pérez - 1974 - Educadora - Diplomada en Maxisterio
  13. Xosé Paz Fernández - 1967 - Traballador do sector seguridade e delegado sindical da CIG
  14. Rexina Álvarez Prada – 1967 -Economista - Licenciada en Economicas

 

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais para “gobernar e facer que Lugo funcione”