A EXPOSICIÓN AO GAS RADON É, DESPOIS DO CONSUMO DE TABACO, O SEGUNDO FACTOR DE RISCO DO CANCRO DE PULMÓN E O PRIMEIRO EN PERSOAS QUE NUNCA FUMARON

O BNG propón que se faga un estudo da presenza de gas Radon nos edificios e instalacións municipais

Varios concellos limítrofes con Lugo xa instalaron medidores deste gas nos centros municipais e tomaron medidas preventivas para evitar o radón

O BNG propón que se faga un estudo da presenza de gas Radon nos edificios e instalacións municipais

Lugo, 18 de outubro de 2018. O BNG pedirá que se faga un estudo da presencia de gas Radon nos edificios municipais do concello de Lugo. Arroxo sinalou que, ademais de ser unha obriga sinalada no borrador do novo código da edificación, moitos concellos como Castroverde ou o Corgo xa instalaron medidores deste gas nos edificios municipais. O voceiro do BNG sinalou, tamén, que a exposición ao gas radon é, despois do consumo de tabaco, o segundo factor de risco do cancro de pulmón e o primeiro en persoas que nunca fumaron. Rubén Arroxo sinalou que existen edificios que dependen do concello de Lugo como é o caso dos centros educativos que deberían estar especialmente vixiados.

O Ministerio de Fomento xa incluiu na publicación do borrador do novo Código Técnico de Edificación (CTE), novas esixencias na construción de vivendas (ou en obras e edificacións xa existentes) relacionadas co gas radón. Un dos anexos do CTE especifica as medidas que se deberán adoptar para limitar a exposición ao radon. En Galiza 309 dos 313 concellos galegos (todos agás As Somozas, Cerdido, Sobrado e A Lama) sitúanse en zonas consideradas prioritarias nas que se requiren medidas específicas contra as concentracións de radon en vivendas, con obxectivo de evitar que se supere o nivel de 300 becquerelios por metro cúbico.

As novas novas construcións ou reformas que se realicen nos 309 municipios sinalados esixirase "unha barreira de protección entre o terreo e os locais habitables do edificio, que limite o paso dos gases procedentes do terreo". Alternativamente, poderase dispor entre o terreo e os locais habitables do edificio "unha cámara de aire destinada a mitigar a entrada do gas radón a estes locais". As características xeolóxicas do solo galego, por exemplo a alta presenza de granito, convernten a Galiza en zona de elevada de exhalación de radon, que se fai máis manifesta no sur do país.