NO ESTADO ACTUAL AS VECIÑAS E VECIÑOS NON PODEN ACCEDER ÁS FINCAS, NIN CON TRACTORES, E AS RUTAS POLA VÍA ROMANA XIX SON IMPOSIBLES

O BNG proporá no pleno de Castroverde o arranxo do Vía Romana XIX destrozada polas chuvias destes días

As chuvias torrenciais dos últimos días desfixeron completamente o tramo da Vía Romana que unía Braga e Astorga ao seu paso por Castroverde

O BNG proporá no pleno de Castroverde o arranxo do Vía Romana XIX destrozada polas chuvias destes días

Castroverde, 28 de maio de 2018. O BNG levará ao Pleno de Castroverde unha iniciativa para demandar o acondicionamento da Vía Romana que transita pola parroquia de Tórdea. O voceiro do BNG, Xosé Gómez, sinalou que ademais de facer transitable a Vía Romana os camiños tamén son utilizados como acceso á moitas fincas da parroquia polas veciñas e veciños.  As chuvias torrenciais dos últimos días desfixeron completamente o tramo da Vía Romana que unía Braga e Astorga ao seu paso por Castroverde. O arrastre dos materias areosos deixou intransitables os camiños.

“No estado actual as veciñas e veciños non poden acceder ás fincas, nin con tractores, e as rutas pola Vía Romana XIX son imposibles” dixo Xosé Gómez, voceiro do BNG, e explicou que “tal e como quedaron os camiños hai fochancas de máis de 50 cm de profundidade que os fan totalmente intransitables”. Durante a primavera e o verán a Vía Romana XIX é utilizada por moitos grupos para facer roteiros tanto a pé como en bicicleta, para o BNG “e necesario recuperar o estado da Vía para que a imaxe que leven as persoas que nos visitan sexa positiva”.