O GOBERNO MUNICIPAL SERÁ REQUIRIDO POLO FORO DE IGUALDADE PARA QUE DEA EXPLICACIÓNS SOBRE O OCORRIDO NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Carlos Callón e Iria Carreira falaron sobre o pasado, presente e futuro das liberdades sexuais

O Foro de Igualdade felicitou explicitamente ao BNG pola colocación dun cartel publicitario contra a violencia de xénero que serviu para eliminar o de un clube de alterne

Carlos Callón e Iria Carreira falaron sobre o pasado, presente e futuro das liberdades sexuais

Lugo, 27 de xuño 2017. O BNG promoveu un acto na semana do orgullo LGTBI no que Carlos Callón e Iria Carreira falaron sobre o pasado, presente e futuro das liberdades sexuais. No acto, organizado polo BNG, abordáronse temas relacionados co movemento LGTBI e analizouse a merma dos dereitos das persoas dos colectivos LGTBI, e sobre o aumento das fobias e os ataques cara estes colectivos. O encontro, que foi presentado pola edil Maite Ferreiro, estivo aberto á participación de colectivos e persoas a título individual que participaron aportando as súas visións. O acto celebrado no Centro Social Uxío Novoneira está enmarcado dentro dun ciclo de charlas promovido pola comisión de acción feminista do BNG e Galiza Nova. No que se aboradaron temas de actualidade relacionados coas liberdades sexuais, a violencia de xénero ou o patriarcado e o capitalismo.

No Foro de Igualdade que se reuniu hoxe o BNG foi felicitado explicitamente ao BNG pola colocación dun cartel publicitario contra a violencia de xénero que serviu para eliminar o de un clube de alterne que se anunciaba. Este cartel foi colocado na rotonda da Av. de Madrid co texto A explotación sexual tamén é violencia. Foron moitas as persoas que trasladaron os seus parabéns ao BNG por esta acción que supuxo a desaparición doutro cartel, de similares dimensións, que estaba colocado neste mesmo espazo.

Ademais, por iniciativa do BNG, o Foro de Igualdade requirirá ao goberno municipal para que dea explicacións sobre o ocorrido no festival de fin de curso da Escola Municipal de Música. Maite Ferreiro lembrou que a presentación deste acto foi realizada por unha persona que utilizou un conto desactualizado de “As Mil e Unha Noites”, na que o protagonista era un rei moi poderoso que, despois de descrubrir que a súa muller fora infiel, matóuna xunto ao seu amante. Continuaba o relato que , o rei como venganza, decidiu casarse cada día cunha muller e asesinala ó día seguinte. Ademais proxectáronse imaxes da triloxía de westerns de Sergio Leone (A morte tiña un prezo, Por un puñado de dolares, O bon, o feo e o malo) que son filmes recomendados para maiores de 12 anos e que se proxectaron nun auditorio con varios centos de nenos menores de 6 anos.

 

O BNG apoiou outras iniciativas no Foro de Igualdade como a relacionada coa petición da fiscalía de Ourense para que sexa xulgada a muller que acusou a Baltar de ofrecerlle emprego a cambio de sexo e a reprobación do libro Voluntad. La fuerza heroica que arrastra la vida polos seus contidos ofensivos contra a dignidade das mulleres.