A DEPUTADA DO BNG NO PARLAMENTO GALEGO E MEMBROS DO BNG DA COMARCA ANCARESA PARTICIPARON NESTE EVENTO XUNTO CON MILITANTES E SIMPATIZANTES DA ORGANIZACIÓN

Carme Aira e membros do BNG da comarca achegáronse até a Cervantes na súa III Xornada de degustación da Tenreira de Ancares e XI Feira de Artesanía

A deputada do BNG no Parlamento galego e membros do BNG da comarca ancaresa participaron neste evento xunto con militantes e simpatizantes da organización

Carme Aira e membros do BNG da comarca achegáronse até a Cervantes na súa III Xornada de degustación da Tenreira de Ancares e XI Feira de Artesanía

 

 

 

Cervantes, 11 de novembro de 2023. A deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira xunto con membros da comarca da fronte nacionalista visitaron San Román de Cervantes na súa III Xornada de degustación da Tenreira de Ancares e XII Feira de Artesanía.

Neste evento organizado polo CDR Ancares, a Cooperativa A Carqueixa e a Anpa do CPI de Cervantes tamén participaron militantes e simpatizantes do BNG na comarca dos Ancares..

Carme Aira declarou "a potencialidade agrogandeira desta comarca da Montaña é un exemplo da riqueza que ten Galiza, supón un motor económico sustentábel e integrador, onde a produción en extensivo e local  son a chave"

Neste sentido, Carme Aira fixo fincapé na calidade da carne producida e protagonista na xornada de hoxe "é fundamental apoiar a produción en extensivo, fomentando o uso da pradaría, incentivando o desenvolvemento de explotacións apegadas ao territorio e dinamizadores do rural, construíndo así un modelo sustentábel e de futuro como son os produtores de Tenreira Galega Suprema"

Carme Aira e membros do BNG da comarca achegáronse até a Cervantes na súa III Xornada de degustación da Tenreira de Ancares e XI Feira de Artesanía