PARA O BNG-AA ESTE É UN EXEMPLO MÁIS DA NEFASTA XESTIÓN DO GOBERNO SOCIALISTA QUE “A PESARES DE EXISTIR UNHA LISTA DE AGARDA DEIXARON ESTE POSTO DESCUBERTO DURANTE 4 MESES”

“Catro meses para substituír unha traballadora das que dependen os pisos de acollida” denunciou Maite Ferreiro

Maite Ferreiro dixo “que se trata dun servizo fundamental para que o concello poida atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e esto non é a primeira vez que sucede”

“Catro meses para substituír unha traballadora das que dependen os pisos de acollida” denunciou Maite Ferreiro

Lugo, 9 de abril de 2018. A edil do BNG-Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, denunciou a mala xestión do goberno municipal en relación á substitución dunha das traballadoras encargadas de xestionar e atender os pisos de acollida dos que dispón o concello de Lugo.  Maite Ferreiro dixo “que se trata dun servizo fundamental para que o concello poida atender a mulleres vítimas de violencia de xénero” e cualificou como “unha irresponsabilidade” o feito de que durante 4 meses non se substituíse a unha das persoas responsables de atender os pisos de acollida que se atopa de baixa por enfermidade.

Ferreiro explicou que o goberno municipal recibiu un Informe do Departamento de Persoal asinado o 5 de decembro de 2017 onde se explicaba a necesidade de contratación dunha persoa para substituír a baixa dunha traballadora. “A pesares de que a concelleira responsable da área tivo constancia a concelleira desta baixa en decembro de 2017 non se puxo solución ata principios de abril” explicou Maite Ferreiro e informou “que no día de hoxe empezou a traballar a nova contratada 4 meses despois”.  “Repítese, incrementando os tempos, o acontecido no ano 2016 cando o BNG xa denunciou que sucedera algo similar pero no caso actual aínda se tardou un mes máis cheganado aos 4 meses sen cubrirse o servizo” sinalou Ferreiro.

Para o BNG-AA este é un exemplo máis da nefasta xestión do goberno socialista que “a pesares de existir unha lista de agarda deixaron este posto descuberto durante 4 meses”. Ferreiro explicou que “a pesares de que administrativamente e buracraticamente está perfectamente definido o mecanismo para efectuar a substitución destas traballadoras cando están de baixa, a incompetencia do goberno permitiu que o posto estivera descuberto durante 4 meses”.

Maite Ferreiro argumentou que “é un servizo que permanece aberto as 24 horas do día, os 365 días do ano” e que “é necesario dispoñer de persoal municipal adscrito ao centro de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e cubrir as correspondentes baixas” e concluiu que “non dispoñer de persoal conlevará e afectará ao funcionamento dos pisos de acollida e á atención urxente ás mulleres en situación de risco”.