NO TEMA DAS PISCINAS TERMAIS ESTANSE FACENDO ASEVERACIÓNS SOBRE UN INFORME QUE LEVA GARDADO DENDE MAIO E QUE TIVO UN CUSTE DE 6.050 €

“Coas piscinas termais pasa como coa zona pública de baño, hai interese pero non se fai” dixo Arroxo

Rubén Arroxo sinalou “as contradicións da alcaldesa” que firma un escrito no que di que se van facer as piscinas termais e ao día seguinte, na prensa, di que non

“Coas piscinas termais pasa como coa zona pública de baño, hai interese pero non se fai” dixo Arroxo

Lugo, 21 de febreiro 2018. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo comparou hoxe a situación que se está dando coa proposta de creación dunhas piscinas termais, como o que ven ocurrindo durante os últimos anos coa zona pública de baño. “Coas piscinas termais pasa como coa zona pública de baño, hai interese pero non se fai” dixo Arroxo e referiuse á actitude do goberno municipal socialista que “falan ben destas propostas, anuncian que as van executar, pero a realidade é que fan absolutamente nada” afirmou o voceiro do BNG e sinalou “as contradicións da alcaldesa” que firma un escrito no que di que se van facer as piscinas termais e ao día seguinte, na prensa, di que non.

Foi presentado, en resposta ás preguntas feitas polo BNG, un escrito asinado pola propia alcaldesa no que se anunciaba literalmente O Goberno Local, está a espera da aprobación definitiva do orzamento de 2018, para decidir a ubicación máis idónea e licitar as actuacións necesarias para que as piscinas termais sexan unha realidade no noso municipio. “É curioso que despois de firmar este documento a alcaldesa se desdiga e anuncie a través dos medios que non se farán piscinas con augas termais” sinalou Arroxo.

“Quentar a auga xa se fai nas piscinas de Frigsa e das Pedreiras” afirmou Arroxo que pediu seriedade á hora de afrontar a creación deste espazo no entorno do Miño. Da a sensación de que o PSOE enreda cando se trata da execución de propostas, que son interesantes para Lugo, polo único feito de que son presentadas polo BNG” dixo Arroxo que anunciou que a formación que representa “será insistente e estará vixiante” para que se leve a cabo esta proposta “por que é necesaria para que Lugo avance”.

No tema das piscinas termais estanse facendo aseveracións sobre un informe que leva gardado dende maio e que tivo un custe de 6.050 € O BNG xa pediu que se fixera público o contido do informe “unha vez se coñeza poderanse facer proposta e sabremos do que estamos falando”. A creación de piscinas termais públicas exteriores suporía “a creación destes espazos suporía un atractivo máis no entorno do balneario e a ponte romana que estaría activo durante todas as épocas do ano”. Rubén Arroxo sinalou que en Ourense xa existen piscinas deste tipo que teñen un grande éxito entre a poboación local e que atraen a multitude de visitantes. O complexo de A Chavasqueira foi o primeiro dos postos en marcha no concello de Ourense que despois completou a súa oferta con outras zonas termais públicas no entorno do río Miño.