Concentracións en solidariedade con Portugal e por un novo modelo forestal

WhatsApp Image 2017-06-21 at 20.50.44
WhatsApp Image 2017-06-21 at 20.50.44

Militantes e simpatizantes do BNG acudiron a esta convocatoria que se levou a cabo, de xeito simultáneo, en diferentes vilas e cidades galegas

Concentracións en solidariedade con Portugal e por un novo modelo forestal

Lugo, 21 de xuño de 2017.  O BNG reiterou, con unha serie de conentracións, as súas condolencias e solidariedade coas familias das vítimas da traxedia de Portugal e con conxunto do pobo luso, “ante unha traxedia desta magnitude que nos ten conmocionados dentro do Bloque e ao conxunto dos galegos e galegas, pola relación fraterna que temos co país portugués co que non hai fronteiras”. En Lugo a concentración tivo lugar na pza. Maior diante do Concello.

Dende o BNG manifestouse a necesidade “instar ao Goberno galego e ao propio Feijóo a que tome note, porque dadas as causas profundas desta traxedia vemos que Galiza non está a salvo, porque as similitudes con esas causas e as que afectan ao noso territorio, ao noso monte, son evidentes”. Mais o BNG “non vai caer nin no curtoprazismo, nin no oportunismo”, e como xa fixera na pasada sesión plenaria a portavoz nacional, Ana Pontón, co presidente da Xunta, “volvemos tender a man para acadar un gran pacto de país entorno a este tema crucial para Galiza, un pacto para ordenar o noso territorio, para revitalizar o rural e  para ordenar o monte como mellor antídoto contra os lumes”.

Entre esas causas de fondo que comparten Galiza e Portugal que favorece a lacra dos lumes:  un rural abandonado, un monte desordenado e improdutivo, -“un monte literalmente a monte”,  franxas enteiras do territorio con monocultivo de eucalipto, “especie incendiaria cuxa extensión está totalmente descontrolada”. O BNG propón un cambio de rumbo coa man tendida para acadar un gran pacto de país neste tema crucial para preservación do territorio e, especialmente, do medio rural.