A EXPOSICIÓN PODERÁ VERSE DENDE O 12 DE SETEMBRO ATA O 12 DE DECEMBRO NO VELLO CÁRCERE

A edil de Cultura presentou a exposición de Jesús Crende: Lugo Apocalíptico

Lugo apocalíptico é unha defensa do patrimonio, do seu coidado e do respecto ao mesmo

A edil de Cultura presentou a exposición de Jesús Crende: Lugo Apocalíptico

Lugo, 12 de setembro de 2019. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou xunto ao autor, Jesús Crende, a exposición de fotografía Lugo Apocalíptico. Segundo explicou Maite Ferreiro, “trátase dunha exposición temporal que se poderá visitar desde o 12 de setembro ata o 12 de decembro”.  Lugo apocalíptico é unha distopía e como tal pon a mirada no futuro advertíndonos do presente e da deriva do mesmo. Lugo apocalíptico é un exercicio de virtuosismo “que xogando co noso patrimonio máis cercano consegue chamar a nosa atención, engaiolar a nosa mirada e a nosa imaxinación e facernos reflexionar”, indicou Maite Ferreiro.

 

Segundo Jesús Crende, “E unha exposición chea de pequenos detalles polo que é  recomendable ver cada imaxe parándose nos moitos puntos da mesma xa que están cheas de motivos brillantemente debuxados e ideados.” Jesús Crende, facendo mostra dunha gran destreza técnica, non se queda só na riqueza visual, senón que a pon ao servizo da imaxinación e así as súas obras van máis alá.

Lugo apocalíptico é unha defensa do patrimonio, do seu coidado e do respecto ao mesmo. É unha distopía que nos mostra un futuro indesexable que estamos a tempo de mudar. Do mesmo xeito que Huxley ou Orwell nos advertían dos perigos do futuro, Jesús Crende tamén nos está avisando de cómo pode evolucionar o mundo se non facemos algo para evitalo e faino dun xeito intelixente, poñendo o foco, no máis cercano, onde máis doe, en todo aquelo que coñecemos e amamos.