MAITE FERREIRO: "UNHA HOMENAXE MÁIS QUE MERECIDA PARA UN MÚSICO CUNHA INCANSABLE DEDICACIÓN E PAIXÓN QUE ELEVOU A CALIDADE ARTÍSTICA DOS NOSOS MÚSICOS E MÚSICAS"

A Escola de Música Municipal homenaxea ao Mestre Fernández Groba nun acto que se celebrará este mércores

O evento en honra ao director titular da academia de educandos terá lugar ás 17.15 horas nas instalacións da Escola no C.S. Uxío Novoneyra

Maite Ferreiro: "Unha homenaxe máis que merecida para un músico cunha incansable dedicación e paixón que elevou a calidade artística dos nosos músicos e músicas"

A Escola de Música Municipal homenaxea ao Mestre Fernández Groba nun acto que se celebrará este mércores

 

 

Lugo, 23 de xaneiro de 2024. A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a celebración do acto de homenaxe que a Escola Municipal de Música de Lugo fará en honra ao Mestre Fernández Groba. O evento que celebra a vida e traballo do director titular da academia de educandos, terá lugar ás 17.15 horas nas instalacións da Escola sitas no primeiro andar do C.S. Uxío Novoneyra.

Maite Ferreiro indicou que "esta é unha homenaxe máis que merecida para un músico como é o Mestre Fernández Groba, cunha incansable dedicación e paixón que elevou a calidade artística dos nosos músicos e músicas, deixando unha pegada perdurable na sociedade lucense e no mundo da música". A concelleira explicou tamén o procedemento do acto, no que "se descubrirá unha placa e un retrato na entrada da Escola, como mostra de agradecemento pola labor que fixo a favor da cultura musical da cidade das murallas". Ademais, e como non pode ser doutro xeito, haberá tamén dúas pequenas intervencións musicais que completarán o acto homenaxe.

A Escola de Música Municipal homenaxea ao Mestre Fernández Groba nun acto que se celebrará este mércores