Felipe Rivas entrega os premios do concurso de disfraces de Samaín

Acto da entrega de premios
Acto da entrega de premios

Felipe Rivas: “quixemos colaborar cos comercios de Lugo na súa reactivación despois da crise sanitaria” 

En total, a área de Cultura reparte 6.000€ en premios

Felipe Rivas entrega os premios do concurso de disfraces de Samaín

Lugo, 04 de decembro de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, entregou aos gañadores do concurso de disfraces organizados co gallo do Samaín, “unha cita que permitíu á veciñanza coñecer as salas museísticas de Lugo” explicou Felipe Rivas.

A área de Cultura repartiu en total 6.000€ en vales que se entregaron ás gañadoras e gañadores do concurso de disfraces para que se invistan nos negocios gañadores do concurso de escaparates. “Con esta acción tentamos reactivar  do comercio local despois da crise sanitaria”, declarou Felipe Rivas.

No concurso de disfraces, as persoas participantes debían fotografarse  cos  seus  disfraces  nalgunha  das salas museísticas municipais, o Centro  de Interpretación  da  Muralla,  MIHL, a Sala  de  Exposicións  Porta  Miñá  e o Centro Arqueolóxico de San Roque,  ou no C.S. O Vello Cárcere e enviar ata un máximo de tres fotos. Os gañadores foron Daniel Revuelta, Pilar Cabello, Elliane Álvarez, Valeria Fernández, Chloe Álvarez, Paula López e Santiago Tarrío.

Felipe Rivas entrega os premios do concurso de disfraces de Samaín