A EDIL DO BNG-AA LEMBROU “A FINAIS DE MARZO A ALCALDESA ANUNCIOU A CREACIÓN DESTE ÓRGANO, NO PLENO DE XUÑO APROBOUSE O REGULAMENTO, E NADA MÁIS SE VOLVEU SABER”

“O goberno municipal non fixo nada para constituír o Consello Municipal de Turismo” dixo Maite Ferreiro

Maite Ferreiro ante a Casa dos Mosaicos
Maite Ferreiro ante a Casa dos Mosaicos

Para o BNG-AA “o turismo medra en Lugo a pesar deste goberno municipal”

“O goberno municipal non fixo nada para constituír o Consello Municipal de Turismo” dixo Maite Ferreiro

Lugo, 3 de novembro 2016. O BNG-AA pide, unha vez máis, a creación do Consello Municipal de Turismo e, a súa edil, Maite Ferreiro, lembra que “o pasado mes de marzo o goberno municipal anunciou a súa creación despois de aprobala na Xunta de Goberno do 30 de marzo”. Maite Ferreiro sinalou que “no mes de xuño aprobouse, en sesión plenaria e por unanimidade, o regulamento de funcionamento de este órgano que debería servir para promover o turismo no noso concello”.

Para o BNG-AA “o turismo medra en Lugo a pesar deste goberno municipal”, Maite Ferreiro explicou que “o concello de Lugo carece de propostas de promoción turística e o goberno non é capaz nin de executar a creación do Consello Municipal de Turismo para tratar de establecer políticas que reforcen a captación de turismo para a cidade de Lugo e para o resto do concello”. “A pesares de que no concello de Lugo confluen tres elementos Patrimonio da Humanidade, o goberno municipal non foi capaz de crear paquetes turísticos que, ademais de atraer turistas, promovan o incremento das pernoctas na cidade” explicou Ferreiro.

A concelleira do BNG-AA sinalou que “acabamos de pasar unha ponte vacacional que se puido aproveitar para promover o turismo gastronómico aproveitando os produtos de outono” e propuxo que “para a ponte de decembro se estuden posibilidades de promoción de turística xunto co resto de axentes implicados no sector, e para esto debería server o Consello Municipal de Turismo que o goberno aínda non foi capaz de crear”.

Municipalización da atención nas salas museísticas

Maite Ferreiro lembrou as deficiencias nos horarios das salas museísticas que son de xestión municipal. “Neste momento os horarios das salas museísticas municipais está marcado polos horarios que a empresa privada que ten a concesión lles da aos seus traballadores e non polas necesidades reais da demanda de visitantes e turistas” asegurou Ferreiro e engadiu “o goberno debería revisar os horarios de apertura para satisfacer a quen nos visita e camiñar cara unha municipalización deste servizo de atención, que neste momento segue en mans dunha empresa privada”.

“O goberno municipal non fixo nada para constituír o Consello Municipal de Turismo” dixo Maite Ferreiro