ARROXO PRESENTOU A INICIATIVA AMOSANDO UN MAPA COAS 54 PARROQUIAS DE LUGO QUE RECIBIRÁN ESTE SERVIZO CO MESMO PREZO QUE SE PAGA NO BUS URBANO

“Lugo terá un servizo de taxi a demanda para as parroquias” anunciou Rubén Arroxo

O candidato do BNG á alcaldía sinalou “cada quilómetro que percorren os bueses cóstanlle ao concello 2,10 euros e o do taxi 1 euro / quilómetro”

“Lugo terá un servizo de taxi a demanda para as parroquias” anunciou Rubén Arroxo

Lugo, 14 de maio 2019.  Rubén Arroxo, candidato á alcaldía, anunciou que o BNG poñerá en marcha un servizo de taxi á demanda para as parroquias do rural. Arroxo sinalou que "neste momento cada kilómetro de autobús cústalle ao concello 2,10 euros / km mentres que cada kilómetro de taxi custaría sobre 1 euro / kilómetro". Con este servizo complementaremos o transporta na zona rural de Lugo, mellorando o servizo considerablemente e abaratando o custo para o concello de Lugo.

O candidato do BNG sinalou que se trata dunha proposta que se levará a cabo co colectivo de taxistas, os taxis serán compartidos e coordinados dende o servizo de radio-taxi para optimizar o seu funcionamento. Trataríase de organizar rutas diarias en función da demanda existente e as persoas usuarias pagarían o mesmo prezo que o establecido para os autobuses urbanos.

Arroxo presentou a iniciativa amosando un mapa coas 54 parroquias de Lugo que recibirán este servizo . Esta proposta enmarcase dentro do plan que o BNG ten deseñado para mobilidade no concello de Lugo. Rubén Arroxo dixo “temos proxecto para a cidade e tamén para as parroquias, temos ferramentas para que a xente do rural poida desplazarse e contribuír a que o sector do taxi teña outra fonte de ingresos como servizo público que é”.