MAITE FERREIRO: "VOLVEMOS ACHEGAR A LUGO UN XÉNERO MUSICAL QUE GOZA DE GRAN POPULARIDADE NO MUNDO PARA CONTINUAR A AMPLIAR A OFERTA CULTURAL"

Maite Ferreiro presenta a segunda edición do ciclo Soundsystem no Camiño, que mostrará o mellor da música reggae do noroeste peninsular

O encontro terá lugar o vindeiro sábado 18 de novembro, entre as 17:00 e as 05:00 no Pazo de Feiras

Maite Ferreiro: "Volvemos achegar a Lugo un xénero musical que goza de gran popularidade no mundo para continuar a ampliar a oferta cultural"

Maite Ferreiro presenta a segunda edición do ciclo Soundsystem no Camiño, que mostrará o mellor da música reggae do noroeste peninsular

 

Lugo, 16 de novembro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do ciclo Soundsystem no Camiño, co que a área de Cultura e o Goberno de Lugo achegan á veciñanza o mellor da música reggae do noroeste peninsular. Maite Ferreiro afirmou que "con este encontro queremos achegar unha vez máis unha importante selección de artistas dun xénero musical que está a gozar de gran popularidade en todo o mundo, ao mesmo tempo que continuamos a ampliar a oferta cultural da cidade".

A música Reggae ven de ser recoñecida no ano 2018 como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco. Comparte co Camiño primitivo un valor cultural e social importantísimo. A súa aportación á reflexión internacional sobre cuestións como a inxustiza, a resistencia, o amor e a condición humana revela a forza intelectual, sociopolítica, espiritual e sensual deste elemento do patrimonio cultural.

Este encontro busca crear unha alternativa de ocio para a xente da cidade e das persoas que se acheguen a Lugo, dinamizando a contorna e facéndoa máis atractiva e activa, visible e participativa, introducindo novas propostas culturais que están á vangarda noutras partes do estado.

 

Colectivos participantes Soundsystem no Camiño 2023

PINTEGA SISTEMA DE SON (LUGO)

DUB MONO HI-FI (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

NORTH PATROL (OURENSE)

SANK-FU HI-FI (VIGO)

SOUNDKILLA SOUNDSYSTEM (A CORUÑA)

Maite Ferreiro presenta a segunda edición do ciclo Soundsystem no Camiño, que mostrará o mellor da música reggae do noroeste peninsular