A XORNADA REMATOU CUN ACTO SOBRE PATRIARCADO E CAPITALISMO COA PARLAMENTARIA DO BNG NOA PRESAS E A DOUTORA EN ECONOMÍA MARÍA CARME GARCÍA NEGRO

No día internacional da bicicleta o BNG organizou un paseo baixo o lema BICIS POLA IGUALDADE

IMG_3539
IMG_3539


"No día da bicicleta, queremos poñer de manifesto a nosa aposta pola igualdade e manifestar o noso rexeitamento a todo tipo de violencia machista" dixo Maite Ferreiro

No día internacional da bicicleta o BNG organizou un paseo baixo o lema BICIS POLA IGUALDADE

Lugo, 19 de abril de 2017. O BNG programou, para o día internacional da bicicleta, un acto lúdico - reivindicativo baixo o nome BICIS POLA IGUALDADE. Ademais, os nacionalistas instalarón na rúa Aguirre unha mesa para a recollida de sinaturas para conseguir un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo. A esa mesma hora, e dende este mesmo punto, inciouse unha marcha ciclista para "pedalear pola igualdade" que percorreu o centro da cidade e a ronda da Muralla. As parlamentarias Olalla Rodil e Noa Presas apoiarán esta iniciativa do BNG de Lugo.

A edil do BNG-AA Maite Ferreiro explicou "trátase dunha aposta por continuar, esta vez en bicicleta, demandando un xulgado de violencia de xénero para Lugo". A xornada rematou cun acto sobre Patriarcado e Capitalismo que se celebrou no centro social Uxío Novoneyra e no que participarán a parlamentaria do BNG Noa Presas e a Doutora en Economía María Carme García Negro. Maite Ferreiro felicitouse pola participación de moitas persoas "comprometidas e con sensibilidade" que "celebrando o día internacional da bicicleta, queremos poñer de manifesto o noso compromiso pola igualdade e manifestar o noso rexeitamento a todo tipo de violencia machista".

As nacionalistas manifestaron "apostar pola igualdade real e acabar co patriarcado". Entre as propostas do BNG está a creación dun estatuto de protección de vítimas, revisar protocolos de protección e implicar ás institucións locais, e destinar un 1% do orzamento á loita contra a violencia machista e a favor da igualdade. "Tamén é necesario un relatorio para elaborar unha lei de coeducación para todos os ámbitos sociais", afirmaron dende o BNG por que se entende como "preocupante" que entre a mocidade "se siga culpabilizando á vítima da agresión". En Galiza preséntanse catorce denuncias ao día e asasinaron a máis de corenta mulleres nos últimos dez anos. E para o BNG "estas cifras son tan só a punta do iceberg".