OLALLA RODIL E MONTSE VALCARCEL, DEPUTADAS NO PARLAMENTO GALEGO, XUNTO DIVERSOS MEMBROS DO BNG EN FRIOL, VISITARON A 30 EDICIÓNN DA FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ

Olalla Rodil "A Feira do Queixo e o Pan de Ousá é unha boa mostra do que no rural se pode facer e das potencialidades que temos"

Olalla Rodil e Montse Valcarcel, deputadas no Parlamento Galego, xunto diversos membros do BNG en Friol, visitaron a 30 ediciónn da Feira do queixo e pan de Ousá

 

Olalla Rodil "A Feira do Queixo e o Pan de Ousá é unha boa mostra do que no rural se pode facer e das potencialidades que temos"


 

Friol, 24 de marzo de 2024 .-As deputadas no parlamento galego do BNG, Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e diversos membros da organización en Friol visitaron a 30 edición da feira do queixo e pan de Ousá

Olalla Rodil declarou "a Feira do Queixo de Friol e o Pan de Ousá é unha boa mostra do que Friol é capaz de conquistar, as potencialidades e as oportunidades para desenvolver proxectos de transformación do sector primario son tantas que non podemos deixar que nolas arrebanten"

Neste senso, a deputada nacionalista salientou "para que este pais siga medrando temos que seguir apostando polo noso, desde o BNG defendemos a necesidade de recuperar as terras para poñelas a producir, mais tamén, ordenar o noso monte" e incidiu "non podemos deixar de lado a nosa soberanía alimentar e o apoio a xente moza para dar continuidade nos proxectos ligados á actividade agro-gandeira"

Por outra banda, Olalla Rodil felicitou a todas e todos os produtores que están a traballar cada día para que Friol sexa unha referencia na produción alimentaria de calidade "é un orgullo que nos concellos do noso país haxa xente que transforma o que a terra nós dá,e que continuen co compromiso de producir aquí, e amosar que a tradición, o amor polo propio e bo facer son as chaves dunha sociedade que avanza"

Olalla Rodil "A Feira do Queixo e o Pan de Ousá é unha boa mostra do que no rural se pode facer e das potencialidades que temos"