Olalla Rodil “grazas ás mulleres do rural, existe unha Galiza viva”

A deputada do BNG visitou Navia de Suarna na súa Festa da Androlla

 

A nacionalista recalcou o papel da muller no rural

Olalla Rodil “grazas ás mulleres do rural, existe unha Galiza viva”

Navia de Suarna, 23 de febreiro de 2020. A deputada do BNG no parlamento de Galiza, Olalla Rodil, estivo xunto con integrantes locais da formación nacionalista na XXX Festa da Androlla en Navia de Suarna, na que mantivo un encontro coa veciñanza para coñecer as súas potencialidades, tanto gastronómicas, paisaxísticas como empresariais deste enclave dos Ancares.

“Os Ancares posúe unhas enormes potencialidades, na que se poden demostrar nesta festa, na que a transformación das materias primas como a súa virtude paisaxística comprenden un enclave xenial para a dinamización do rural, só falta pór interese e medidas axeitadas, e o BNG propón un proxecto solvente e capaz de gobernar os nosos recursos” declarou Olalla Rodil.

Dentro da axenda feminista que o bloque está desenvolvendo, a nacionalista fixo énfase no papel das mulleres rurais, xa que o seu papel segue sendo fundamental, “grazas ás mulleres do rural, existe unha Galiza viva, elas son as que levan adiante moitas clases de traballos que desgrazademente seguen a estar invisibilizados, como os coidados” explicou Olalla Rodil, engadindo, “elas son as que pelexan pola supervivencia de moitas explotacións gandeiras á vez dos coidados dos maiores ou/e das crianzas, son un piar fundamental para a vida e o futuro do rural galego”.