Olalla Rodil: “precisamos novas políticas para que vivir no rural non sexa un acto heróico”

Olalla Rodil e Roberto Carballo no centro de saúde de Navia
Olalla Rodil e Roberto Carballo no centro de saúde de Navia

Olalla Rodil: “temos que blindar os servizos públicos, un concello como Navia de Suarna conta con só un médico para toda a poboación”

“Precisamos un cambio real na Galiza, e para iso o primeiro paso será converter a Ana Pontón  na primeira presidenta da Xunta”, declarou Olalla Rodil tras a publicación do barómetro do CIS

Olalla Rodil: “precisamos novas políticas para que vivir no rural non sexa un acto heróico”

Lugo, 18 de xuño de 2020. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou o concello de Navia de Suarna xunto co edil do BNG, Roberto Carballo. Na visita a candidata do BNG destacou que “Navia é o exemplo da perda de servizos públicos que as políticas do Partido Popular aplicou nos últimos once anos, especialmente para a poboación do rural”.  “O rural pode ser un motor estratéxico do desenvolvemento económico e social do país, especialmente no sector agrogandeiro e forestal, mais tamén no cultural e nos coidados”, afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil e Roberto Carballo visitaron o centro de saúde de Navia de Suarna, que conta só cun médico. A candidata do BNG criticou que “os recortes do Partido Popular fixeran que un concello quede co seu centro de saúde desatendido se o único médico dispoñible ten que saír a atender unha urxencia ou realizar unha visita domiciliaria”. Segundo Olalla Rodil, “o goberno da Xunta de Galiza maltratou nesta década á veciñanza do rural eliminando servizos públicos esenciais como a sanidade”.

“No BNG traballaremos a partir do 12 de xullo en cambiar esta situación, deixar atrás as políticas fracasadas do PP e facer que vivir no rural non ten que ser nin un acto heroico nin unha carreira de obstáculos”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “o piar fundamental do BNG no Goberno da Xunta será recuperar os servizos públicos e apostar por un novo modelo de desenvolvemento rural que favoreza o acceso a estes servizos ás persoas que aposten polo desenvolvemento no rural”

 

Valoración do Barómetro do CIS

A candidata do BNG por Lugo valorou os resultados do barómetro publicado onte polo CIS. Olalla Rodil lembrou que “a única enquisa válida é a que o pobo galego emita nas urnas o 12 de xullo”. “Precisamos un cambio real na Galiza, e para iso o primeiro paso será converter a Ana Pontón  na primeira presidenta da Xunta de Galiza”, sentenciou Olalla Rodil.

Olalla Rodil: “precisamos novas políticas para que vivir no rural non sexa un acto heróico”