A CARENCIA EN LUGO DUNHA ZONA PÚBLICA DE BAÑO OBRIGA Á MOCIDADE A DESPRAZARSE A OUTROS CONCELLOS NO VERÁN PARA DISFRUTAR DO OCIO EN ZONAS FLUVIAIS

“O Praia-Bus lembra que en Lugo seguimos sen zona pública de baño” sinalou Rubén Arroxo

Alexandre Espiño, dende Galiza Nova, explicou que “xa que hai buses homofóbicos e outros que din que o PP rouba lanzamos esta campaña ridiculista para pedir unha zona pública de baño en Lugo"

“O Praia-Bus lembra que en Lugo seguimos sen zona pública de baño” sinalou Rubén Arroxo

Lugo, 11 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado de Alexandre Espiño, como responsable de Galiza Nova, presentou a campaña do Praia-Bus que “reivindica a necesidade dunha zona pública de baño en Lugo”. Espiño sinalou que “a mocidade está farta de oír que este ano vai e nunca se fai” e explicou que “despois de ver a chegada, ao noso país, o bus transfóbico incitando ao odio e outro que dicía que o PP rouba, como se os galegos non o souberamos, pensamos que o mellor xeito de iniciar a campaña era facendo o noso propio bus”.

“a realidade é que o goberno socialista sempre bloqueou esta iniciativa"

Arroxo lembrou que o BNG en 2009 presentou unha moción no pleno para que Lugo promover a creación dunha zona pública de baño e dixo que “a realidade é que o goberno socialista sempre bloqueou esta iniciativa e ano tras ano vemos como segue sen executarse a pesares de que se inclúen partidas nos orzamentos do concello”. Agora Galiza Nova iniciará unha campaña para demandar a creación da zona pública de baño “unha demanda que é do conxunto da cidadanía”.

Dende o ano 2009 nin o goberno do Concello nin o da Deputación fixeron as xestións necesarias para crear a zona pública de baño. “Sempre se acusou á Confederación Hidrográfica de non dar os permisos necesarios, mais cando o BNG iniciou os trámites para levar a cabo o seu propio proxecto de zona pública de baño foi cando nos enteremos que nin Concello nin Deputación solictaran nada na Confederación” asegurou Arroxo. O voceiro nacionalista informou de que o BNG seguira pelexando, e apoiando iniciativas como a de GZ Nova, para que as persoas de Lugo teñamos por fin unha zona pública de baño no río Miño.