CRISTINA LÓPEZ: "LUGO CONVERTERASE ESTA FIN DE SEMANA NA CAPITAL MUNDIAL DO FUTBOLÍN, ESTE TORNEO SERÁ PUNTUABLE PARA O CIRCUÍTO MUNDIAL DA ITSF"

A Praza de Abastos acollerá o III Campionato de Futbolín Maestros del Norte

A nova edición do campionato terá lugar os días 3 e 4 de febreiro no soto da Praza

Cristina López, concelleira de Participación e Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación, presentaron a nova edición do torneo

Cristina López: "Lugo converterase esta fin de semana na capital mundial do futbolín, este torneo será puntuable para o circuíto mundial da ITSF"

A Praza de Abastos acollerá o III Campionato de Futbolín Maestros del Norte

 

Lugo, 27 de xaneiro de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López e o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, presentaron, xunto con integrantes da Asociación Lucense de Futbolín a terceira edición do torneo "Maestros del Norte", que se celebrará na fin de semana do 3 e 4 de febreiro no soto da Praza de Abastos. A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "con esta cita buscamos repetir o éxito do torneo celebrado no verán, ao mesmo tempo que continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza e do Mercado, achegando unha nova oferta de ocio".

O torneo achegará a Lugo a un gran número de xogadores de futbolín, dado que se trata dun dos torneos máis importantes a nivel estatal, e que este ano como novidade será puntuable para o circuíto mundial da ITSF, "convertendo a Lugo na capital mundial do futbolín", afirmou Cristina López.

A Asociación Lucense de Futbolín foi creada en 2018 co fin de promover e dar visibilidade a este deporte, fomentando a práctica do xogo inventado por Alexandre de Fisterra.

A ITSF (Federación Internacional de Futbolín), é a responsábel de regular as normas deste xogo a nivel internacional. O torneo Maestros del Norte formará parte da categoría ITSF 250, a mesma que o Master de Rábade ou as Swiss Tablesoccer Series celebradas a pasada semana en Rothemburg, Suíza.

A Praza de Abastos acollerá o III Campionato de Futbolín Maestros del Norte