A MANIFESTACIÓN DE VIGO, O DÍA 8 DE MARZO, SERÁ O ACTO CENTRAL, EN GALIZA, DESTA XORNADA HISTÓRICA E INTERNACIONAL DE PAROS E MOBILIZACIÓNS PARA REIVINDICAR A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NAS CONDICIÓNS DE TRABALLO

“Queremos que se poñan buses para manifestación feminista de Vigo o 8 de marzo” dixo Maite Ferreiro

A edil do BNG trasladou, ao Foro de Igualdade do Concello, a proposta dos colectivos feministas para solicitar o apoio das institucións á folga de mulleres do 8 de marzo

“Queremos que se poñan buses para manifestación feminista de Vigo o 8 de marzo” dixo Maite Ferreiro

Lugo, 8 de febreiro de 2018. O BNG trasladou, no Foro de Igualdade celebrado hoxe no concello de Lugo, a proposta da plataforma feminista e de distintos colectivos para que se apoie a folga de mulleres do 8 de marzo. Maite Ferreiro solicitou que, dende o Concello de Lugo e a Deputación, se poñan autobuses para que, as mulleres que o desexen, poidan desplazarse ata Vigo á manifestación que percorrerá as rúas da cidade olívica na xornada do 8 de marzo. Ferreiro lembrou, tamén, que “o BNG presentará unha iniciativa para ser tratada no vindeiro  pleno do concello de Lugo e na que se solicitará o apoio da corporación á convocatoria da folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018”.

A manifestación de Vigo, o día 8 de marzo, será o acto central, en Galiza, da reivindicación que se realizará no marco dunha xornada. Segundo explicou a edil Maite Ferreiro “a folga feminista do 8 de marzo pretende ser unha chamada de atención, dende o ámbito local máis próximo ao internacional, sobre a desigualdade e invisibilidade que historicamente sofren as mulleres, co obxectivo de esixir a mellora das súas condicións sociais e laborais para combater as discriminacións laborais agravadas polas medidas aplicadas baixo a coartada da crise económica”.