OLALLA RODIL, XOSÉ FERREIRO, E RUBÉN ARROXO PUXERON EN VALOR O TRABALLO DO BNG NA DEPUTACIÓN E AVANZARÓN “UN NOVO TEMPO” A PARTIR DO 26 DE ABRIL

“O reparto obxectivo dos fondos da Deputación non ten volta atrás” afirmou Xosé Ferreiro

 Dende o BNG pediron “responsabilidade” e “sentido común” aos representantes públicos que forman parte das corporacións

“O reparto obxectivo dos fondos da Deputación non ten volta atrás” afirmou Xosé Ferreiro

Lugo, 2 de maio de 2019. O BNG fixo unha valoración pública sobre o mandato na Deputacíón de Lugo. Na rolda de prensa interviron a Parlamentaria, Olalla Rodil, o voceiro na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, e o candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo. Tras acontecemento ocorridos no Pleno da Corporación Provincial os representantes do BNG coincidiron en pedir responsabilidade” e “sentido común” aos representantes públicos que forman parte das corporacións.

Olalla Rodil lamentou os acontecementos sucedidos no último pleno da Deputación, que cualificou como “vergoñentos” e dixo que esto reforza o plantexamento do BNG de camiñar cara a desaparición das deputacións e, mentres esto non sexa posible, adelgazar as súas funcións en favor dos concellos, como xa se fixo nas de Lugo, Coruña e Pontevedra coa posta en marcha dun Plan Único de reparto obxectivo de fondos aos entes municipais. Rodil tamén valorou positivamente o traballo feito polos deputados do BNG, tanto no goberno como na oposición.

Xosé Ferreiro lembrou, por exemplo, a proposta do BNG para crear un Plan Único de reparto de fondos entre os concellos. Un reparto obxectivo que non ten volta atrás segundo o voceiro do BNG na Deputación. Ferreiro sinalou que “as Deputacións son organismos anácronicos” por que as persoas que forman parte da Corporación non son de elección directa e todos as súas actuacións non teñen unha repercusión directa sobre o voto. Ferreiro salientou as máis de 100 iniciativas presentadas polo BNG durante este mandato e sinalou “moitas delas marcaron o rumbou político da insititución”.

Rubén Arroxo referiuse, no ámbito municipal, ao feito de que o goberno municipal non destinase os fondos que recibe da Deputación á zona rural. Arroxo explicou que dende o BNG se fixera unha proposta, e había un acordo co PSOE, para que se destinasen os 500.000 euros que se reciben da Deputación á zona rural de Lugo, pero finalmente o goberno municipal invertiu estes cartos na zona urbana. Estes fondos irían destinados tanto ás pistas rurais como á creación dunha rede de abastecemento e saneamento de auga.