“IMOS BUSCAR UNHA SOLUCIÓN PARA O ARRANXO DOS BAÑOS E TENTAREMOS ANTENDER AS DEMANDAS DAS PERSOAS QUE TRABALLAN NA PRAZA E NO MERCADO” AFIRMOU CRISTINA LÓPEZ

Rubén Arroxo, visitou a Praza de Abastos coa concelleira reponsable, Cristina López

Unha das primeiras medidas será a apertura da Ludoteca da Praza que se fará e coordinación coa Concellaría de Educación e Difusión do Coñecemento

Rubén Arroxo, visitou a Praza de Abastos coa concelleira reponsable, Cristina López

 

 

Lugo, 11 de xullo de 2019. Rubén Arroxo, visitou as instalacións da Praza de Abastos, acompañado da Concelleira Responsable da Área de Participación e Servizos ao Cidadáns e tamén de persoal municipal e representantes da asociación que agrupa a parte das empresarias e autónomas que explotan postos na Praza de Abastos. Cristina López sinalou que unha das primeiras medidas será a apertura da Ludoteca da Praza que se fará e coordinación coa Concellaría de Educación e Difusión do Coñecemento “o espazo para a Ludoteca está perfectamente dotado e o único que falta é poñelo a funcionar”. “A posta en marcha desta Ludoteca da Praza servirá para activar o comercio na propia Praza e no Mercado Municipal e tamén en todo o casco histórico”. A posta en marcha da Ludoteca será, en principio, durante a mañá dos sábados.

 

“Imos buscar unha solución para o arranxo dos baños e tentaremos antender as demandas das persoas que traballan na Praza e no Mercado” afirmou Cristina López que percorreu boa parte dos postos da Praza de Abastos, ademais anunciou que proximamente visitará o Mercado “queremos coñecer polo miudo a opinión de todas as persoas que traballan nestas instalacións municipais e por iso hoxe adicamos a mañá á Praza de Abastos e outro día visitaremos o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros”.

 

Rubén Arroxo e Cristina López puideron comprobar todas as melloras feitas nos últimos anos nesta Praza de Abastos e avanzaron “imos traballar para que a Praza e o Mercado sexan referencia comercial no centro da cidade e darlle un pulo para, tamén, convertilas en atractivo turístico”. Cristina López afirmou que as Áreas nas que ten responsabilidades de goberno o BNG traballarán de xeito conxunto para mellorar o funcionamento da Praza e do Mercado “imos acometer proxectos conxuntos coas áreas de Cultura, Turismo, Educación e Infraestruturas para que Lugo volva ter orgullo da súa Praza e do seu Mercado”.