DENDE O BNG-AA SINALOUSE “O TRABALLO DO GOBERNO DEBE IR CARA UNHA MELLORA DAS CONDICIÓNS DAS INFRAESTRUTURAS DA CIDADE E TAMÉN DAS CONDICIÓNS MUNICIPAIS”

“Subirán as tarifas dos aparcadoiros soterrados pero non aumenta o tamaño das prazas”

O voceiro do BNG-AA lembrou que “a alcaldesa comprometeuse a negociar o aumento do tamaño das prazas de aparcamento pero non se fixo nada”

“Subirán as tarifas dos aparcadoiros soterrados pero non aumenta o tamaño das prazas”

Lugo, 8 de novembro de 2017. Os ediles do BNG no concello presentaron o boletín informativo que farán chegar a todas as vivendas do concello de Lugo. “Queremos presentar cal é o proxecto de cidade que o BNG ten para Lugo, cales foron as nosas iniciativas e o que queremos para o futuro” dixo Rubén Arroxo e lembrou que “no mes de febreiro anunciáronse, dende o goberno municipal, negociacións coa empresa adxudicataria, mais nada se sabe”.

A intención da alcaldía no mes de febreiro era converter en dúas o que agora ocupan tres prazas de aparcamento e así adaptalas ás necesidades actuais. Segundo explicou Rubén Arroxo “tratábase de reordenar e redimensionar as 739 prazas dos tres aparcadoiros soterrados do centro da cidade para facelas máis accesibles e máis cómodas, e dende que se anunciou o pasado 17 de febreiro non se volveu saber do asunto".

Despois de que o BNG-AA sacara á luz a necesidade de facer modificacións no tamaño das prazas de aparcamento, o goberno municipal informou que o Concello chegara a un acordo coa empresa que explota este servizo dende 1986 e que ten unha concesión por 18 anos máis. A reordenación, que garantiría o "equilibrio económico" da concesión a través dunha prorroga, plasmaríase nun convenio e para que as prazas se converteran tres en dúas.

A día 1 de xaneiro, e segundo o decreto asinado pola edil responsable de economía o día 7 de novembro, os prezos dos aparcadoiros subiran tendo en conta o IPC tal e como estaba sinalado no contrato de concesión da explotación dos aparcadoiros. Dende o BNG-AA sinalouse “entendemos que hai que cumprir coas condicións sinaladas nos contratos, pero consideramos que o traballo de xestión do goberno debe ir cara mellorar as condicións das infraestruturas da cidade e tamén negociar coas empresas concesionarias a mellora das mesmas”.