ARROXO LAMENTOU QUE O PP FAGA “POLÍTICA DE CARA A GALERÍA” E “SEN COÑECER OS PROBLEMAS REAIS DO CONCELLO” E RECOMENDOULLE AO EDIL DO PP QUE VISITE MÁIS AS PARROQUIAS

O vertido de augas residuais en Pías leva máis dun ano, aínda que o PP diga outra cousa” dixo Arroxo

O BNG advertiu en xullo de 2017 deste vertido de auga á que se referiu onte un edil do PP que aseguraba que se iniciou fai 1 mes

O vertido de augas residuais en Pías leva máis dun ano, aínda que o PP diga outra cousa” dixo Arroxo

Lugo, 18 de xullo 2018. O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, agradeceulle ao edil do PP a “preocupación polos vertidos de augas residuais nas parroquias de Lugo” pero suxeriulle, ao edil popular, “que visite máis o rural”. Arroxo lembrou que o BNG denunciou, o 10 de xullo de 2017 os verquidos de auga neste punto da parroquia de Pías. Arroxo lamentou que o PP faga “política de cara a galería” e “sen coñecer os problemas reais do concello”.

O BNG-AA xa pediu naquel momento a revisión integral do sistema de saneamento e do sistema de bombeo instalado para elevar as augas fecais ata os colectores xerais. Para Rubén Arroxo “trátase de que se faga un mantemento axeitado do sistema de bombeo e que se revise se foi correctamente instalado e dimensionado para cumprir coa súa unción”. O sistema de recollida de augas residuais de Pías foi posto en funcionamento fai un pouco máis de 3 anos despois de pasar varios anos instalado pero sen que fora posto en funcionamento.

Arroxo sinalou que neste período xa houbo “polo menos” tres fugas de augas residuais e algunha delas estivo a piques de afectar a unha vivenda. A maior parte das augas residuais da parroquia de Pías son bombeadas ata os colectores do polígono industrial do Ceao e “se hai fallos na bombas todas as augas fecais volven cara atrás e saen no medio das vivendas” dixo Arroxo que engaidu “o ocurrido pode volver a ocurrir en calquera momento se non se fai a revisión axeitada”.