A VOCEIRA DO BNG CRITICOU QUE O ESTADO ESPAÑOL CONTINÚE AMPARANDO ORGANIZACIÓNS FASCISTAS COMO A FUNDACIÓN FRANCISCO FRANCO

A voceira do BNG na UE, Ana Miranda, falou en Sarria sobre o“franquismo postfranco” e a súa visibilización no estado

“A perda de democracia e o rexurdimento de movementos fascistas en toda Europa ten que facernos reflexionar” dixo Ana Miranda

A voceira do BNG na UE, Ana Miranda, falou en Sarria sobre o“franquismo postfranco” e a súa visibilización no estado

Sarria, 1 de novembro de 2017. A voceira do BNG ante a Unión Europea, Ana Miranda, participou en Sarria nun acto sobre Memoría Histórica. “Neste día de defuntos hai moitas familias que non poden visitar as tumbas dos seus mortos por que permanecen nas cunetas onde os asasinaron” sinalou Ana Miranda e lembrou que “a pesares de que fai 42 anos da morte do dictador, vivimos nun Estado no que aínda se amparan e subvencionan organizacións pro-fascistas como a fundación Francisco Franco”.

Antes do comezo do acto Ana Miranda visitou, acompañada do Tenente-Alcalde e de ediles e cargos do BNG, lugares nos que foron represaliados centos de persoas durante a guerra e o réxime da ditadura como o cárcere de Sarria. Os nacionalistas tamén se achegaron a visitar a placa que, na vila de Sarria, homenaxea ás vítimas represariadas despois do golpe militar do 36. Ana Miranda dixo que “o goberno español que tería que intervir para frear a continua e impune apoloxía do franquismo” e lembrou que o BNG xa solicitou a intervención da Comisión Europea contra a Fundación Franco por “apoloxía da ditadura".

A representante europea do BNG sinalou “a especial importancias de actos como o que hoxe celebramos en Sarria para frear a involución dos dereitos e das liberdades que estamos a sufrir no estado español”. Miranda referiuse aos “constantes ataques á democracia que supoñen as vulneracións de dereitos en canto ás liberdades de expresión”. Ana Miranda dixo que “actuar a favor da memoria histórica supón actuar a favor da memoria democrática e de avanzar cara unha sociedade máis libre e democrática”.

 A voceira do BNG na UE, Ana Miranda, falou en Sarria sobre o“franquismo postfranco” e a súa visibilización no estado ademais de sinalar que “a perda de democracia e o rexurdimento de movementos fascistas en toda Europa ten que facernos reflexionar”. Miranda puxo como exemplo o sucedido no Pazo de Meirás coa fundación Francisco Franco "recoñecida conforme ao amparo do Dereito español e subvencionada polos gobernos do estado".