Imprimir

A área de Cultura restaura as citas literarias da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

bnglugocentro | 16 de maio de 2020

Maite Ferreiro: “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade”

Lugo, 16 de maio de 2020. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua realizou nos últimos días a restauración das citas literarias situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre. Segundo declarou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, “trátase dunha intervención iniciada coa restauración das estatuas dos distintos escritores e escritoras”. Segundo Maite Ferreiro, “con esta actuación rehabilitamos a homenaxe que o Concello de Lugo realizou a estes persoeiros tan importantes da nosa cultura, no marco dunha data tan destacable como o Día das Letras Galegas”

Segundo a edil de Cultura, “o correcto mantemento destes elementos ornamentais de contido cultural e identitario, forma parte da imaxe da cidade por estar situadas na zona máis concorrida e visitada de Lugo”. Segundo Maite Ferreiro “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade e que pon en valor ás persoas que representan a nosa cultura e á nosa identidade como pobo”.

As 9 placas colocadas sobre 7 soporte de granito están situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre están adicadas a: Manuel María, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro, Ramón María de Valle-Inclán, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Uxio Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enrriquez.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/area-cultura-restaura-citas-literarias-da-praza-maior-da-rua-bispo-aguirre/20200516101026007953.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal