Imprimir

Arroxo advirte que as pistas de atletismo poden perder a homologación pola “chapuza” do círculo de lanzamento

bnglugocentro | 18 de decembro de 2018

Perder a homologación das pistas suporía que calquera marca realizada nestas instalacións non tería validez

Lugo, 18 de decembro de 2018.O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo,  advertiu que as pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, situadas nas Pedreiras, poderían perder a homologación da Federación de Atletismo pola falta de atención do goberno municipal. Rubén Arroxo explicou que “manter a homologación depende fundamentalmente das reparacións feitas no círculo de lanzamento, que quedaron incompletas, sen rematar e converteron unha actuación necesaria, nunha auténtica chapuza”.

Perder a homologación das pistas suporía que calquera marca realizada nestas instalacións non tería validez e non se poden realizar competicións oficiais. O concello iniciou unha actuación para renovar a zona de lanzamento cunha importante inversión pero, segundo sinalou Arroxo, “a obra non se rematou e neste momento non se pode utilizar esta zona das pistas por que sería un auténtico perigo para as persoas usuarias”. Rubén Arroxo cualificou de “deixadez” do goberno o remate desta obra por que “a parte máis custosa, que é a colocación das redes de protección,  está feita e unicamente falta adaptar o círculo á normativa establecida para que poida ser utilizado e homologado”.

Rubén Arroxo deu conta “da indignación” que supón para as persoas que practican deporte nesta instalación municipal “ver como se gastaron os cartos e a zona de lanzamento continúa impracticable”. Arroxo lembrou que “falei en numerosas ocasións co concelleiro de deportes para que se arranxase o problema, pero pasan os meses e a solución no chega”. As obras que faltan serían instalar a drenaxe no círculo de lanzamento para evitar que se convirta nunha piscina como sucede agora e acondicionar o entorno do cículo tal e como establece o regulamento.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/arroxo-advirte-pistas-atletismo-poden-perder-homologacion-pola-chapuza-do-circulo-lanzamento/20181218132446006956.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal